A BOLSA D’AUGA

A BOLSA D’AUGA
……Xa van alá uns cuantos anos, de cando os invernos eran invernos de verdade, duros… moi duros. Cando da quentura da lareira iase pra cama que estaba fría coma un demomio no conxelador, e cando as sábenas e mantas aquelas de liño, que pesaban coma lousas non quentaban un can. Pra aliviar o frio da cama, metiamos unha tella ou un ladrillo nas brasas da lareira e así quente, envolvíámolo nun pano e metiámolo na cama para que queceran os pes.
……Andando o tempo, apareceron unhas bolsas-botellas de goma, que se enchían de auga fervendo e facían o mesmo traballo que as tellas e os ladrillos, amais eran mais cómodas e limpas.
……Pois nun dises anos, cando nas aldeas había aqueles centros comerciais e culturais que se chamaban “Tabernas” chegou pola mañá cedo a unha delas un veciño pra quentar o corpo con aqueles chatos, mistura de viño Sansón e augardente, e que facían arrandear as moscas que bebían as pingas que quedaban no mostrador. Botou un traguiño, e díxolle ao taberneiro;
……– Oes, veño aterecido de frío. Esta noite nin me queceron os pes co frio que facía.
……– Eló, non tes a bolsa de auja que che vendín no outronte?
……– Si ó. Teño, pero é nada que vai pra ninjures. As dúas primeiras horas moi ben, pero así que perde a calor, aínda é mais fría cás sabenas.
……– Pois nada home. Proba cun jato. Pos un jato nos pes que son quentiños e están sempre á misma temperatura, e xa mirarás como tes os pes quentiños durante a noite inteira.
……Pro outro día, o paisaniño volveu entrar na taberna, e o taberneiro, decatándose de que traía a cara e as mans todas rabuñadas, díxolle:
……– Coñó, e logo, seica tiñas a navalla sen asentar, ou?
……– Que vá home, que vá!  Intentei facer o que me dixeches onte co jato pra ter os pes quentiños. Oes, o embudo mais mal que ben, aínda llo fun metendo ata a jorxa, pero a auja fervendo non houbo Cristo bendito… e mira que pelexei con el durante toda a noite!

Advertisements

UNHA CAIXA DE OSTRAS DE ARCADE

UNHA CAIXA DE OSTRAS DE ARCADE

          Manoliño do Cachuzo, marchara pra Pontevedra a facer a mili, tal como faciamos todos os mozos por aqueles anos. A coñecer mundo, dicían úns. Pra sair da casa e perder a vergoña, dicía o cura. Pra perder o tempo, diciámos nós. Así que coma todos, saíu da aldea e foi facer a mili ó cuartel de Figueirido.

          Un día, ó rematar as maniobras, e como agasaio por ser bós soldados, mais polo valor que se lles supoñía, díronlles premiso de fin de semán. Manoliño en vez dir pra súa casa na aldea, foi pra dun compañeiro de camareta que era de Arcade, e do que se fixo moi amigo, que o convidou a pasar alí un fin de semán.

          E así foi. Chegaron a Arcade o sábado polo medio do día e antes de ir xantar, foron papar unhas ostras cuns viños a unha ostrería, que para iso Arcade é a terra das ostras. Papou tres ducias delas, e tanto lle gustaron que lle dixo ó seu amigo:

          – Quen me dera mandarlle unhas poucas ós meus pais pra que as proben. De seguro que lle iban gustar ben.

          – Pois mándallas polo coche de liña. Dicímoslle ó taberneiro que che prepare unha caixa delas e mañá mándasllas polo coche de Lugo.

          Dito e feito. Pro outro día tíñanlle preparada unha caixa de madeira con seis ducias de ostras moi ben envoltiñas nuns manoxos de algas pra que se mantiveran frescas e non levaran golpes durante a viaxe. Levounas ao autobús e acompañou a caixa con unha nota pros seus pais, na que ademais dos contos da mili dicíalles;  “Mándovos tamén unha caixa de ostras pra que vexades que cousas tan ricas comen as xentes dos pobos da veira do mar, e xa me contaredes se vos gustan

          Os poucos días chegoulle ó cuartel unha carta da súa nai, na que entre outras cousas dicíalle: “ Tamén che direi que comemos as ostras que nos mandaches. Fixen o caldo con elas en vez de coas navizas de sempre. A min non che me justaron moito, pero ó teu pai que é de bo dente, que ben sabes que come de todo,  justáronlle moitísimo, e dí que a ver se cando veñas, traes unha pouca de semente pra botar entre os repolos e así poder telas todo o ano. O que non soupemos moi ben, foi pra que eran as pedras que mandaches envoltas nelas. O teu pai tirounas pro medio da eira e andan os jatos todo o día xojando con elas, ate parece como si as quixeran abrir pensando que teñen algún berme dentro”

ostras-gillardeau-las-mejores-ostras-del-mundo-01

A NOVE CINCOENTA A RACIÓN!

A NOVE CINCOENTA A RACIÓN!

Boas noites meus amigos,
mirai que vos vou contar,
dun suceso acontecido,
pola hora do xantar.

Sendo o día de Galicia,
e do Patrón Santiaguiño,
acompañei a uns amigos,
para ir comer o pulpiño.

Aceitadiño e picante,
ben cocido… no seu punto!
Viño tinto e pan de Cea,
para acompañal-o asunto.

Alí botamos catro horas,
entre cantiga e cantiga.
Foi unha fermosa tarde,
polas terras de Loriga*.

E aló ao rematar a cousa,
chamamos pola pulpeira,
para pagar as racións,
do tan rico pulpo á feira.

Que lle debemos señora?
E afine ben o punteiro!
Fixo as contas de memoria,
mentres rascaba o sombreiro.

Jesusiño de mi vida!
Que sería o que rachamos!
Miramos uns para outros,
polo susto que levamos!

Deixounos coa boca aberta,
e cortada a dixestión-he,
cando sorindo nos dice…
a nove cincoenta a ración-he!

Que carallo terá o pulpo,
que acompañando ás sardiñas,
acabarán por pechalos,
cun candado nas vetriñas.

E que decir dos pulperiros!
Mirai que finos vos són…
a mais de subir o prezo,
van encollendo a ración!

Dis que abusamos da pesca,
que nos pasamos un chisco,
que o sabroso pulpo á feira,
ben lle gusta a todo Cristo!

Remato tan triste historia,
xogando a ser adeviño,
ao pensar que o bacallau,
leva parello destiño.

I esta foi a triste historia,
que nos deixou dunha peza,
sendo duros como somos,
os da bisbarra do Deza.

*Loriga: Joaquín Loriga Taboada (Lalín (Pontevedra), 23 de setembro de 1895 – aeródromo de Catro Ventos, Madrid 18 de xullo de 1927) foi un aviador  que levou a cabo, xunto con outros dous pilotos e tres mecánicos, o voo Madrid-Manila.

 

MARIA DO OUTEIRO

Maria do Outeiro seica tiña uns peitos moi grandes, tan grandes coma os dous penedos mais grandes da Cima da Costa.

      Era unha gran devota da Virxe do Corpiño,  santuario ó que iba todos os anos para escoitar misa e facer a procesión detrás da Virxe.

      Anque non era de moitos cartos, sempre tiña algunha peseta daquelas dantes de papel pra espetarlla no manto da Virxe, pedindolle o favor de atoparlle un mozo casadeiro. Ela sabía que non era a Virxe axeitada pra conceder estes desexos, pero contaba con que lle botase unha mau diante da Virxe encargada de tales asuntos..

      Un ano, en vista de que as súas pregarias non tiñan o fin desexado conseguiu axuntar dez pesetas…(a ver si o problema era por cartos e facían falta algúns mais).

      Envolveunos nun anaco de papel de estraza, meteu o paquete no seu corpiño, colleu o  autobús de Meixide, e alá marchou no día grande do Corpiño para espetarllos no mando da Virse, a ver si así, ese ano e de uhna vez por todas, aparecía o mozo que tantos anos levaba buscando.

      Escoitou a misa con toda a devoción do mundo, e cando saíu a procesíón, púxose ó carón da virxe e meteu a man no seu corpiño para sacar as pesetas que levaba envoltas no papel, e espetarllas no manto para completar a súa pregaria.

      Pero vai ti ver, que o paquetiño xa non estaba alí ¡¡¡ alguén llo había roubado !!!

      Desesperada e chorosa, foise onda a parella da Garda Civil que por aqueles tempos vixiaban as festas mais tradicionais da Nosa Terra, e contoulles  o roubo do que había sido vítima.

     – Pero vamos a ver mulleriña, vostede non se decatou de cando lle meteron as mans nas tetas ?  -díxolle un dos guardias-

     – Ai…si señor juardia, si, eu dinme de conta no mismo momento que mas meteron, pero nunca lle pensei que fose con tan mala intención.

Imaxe

PARA QUEN CUCOU O CUCO

PARA QUEN CUCOU O CUCO
…….Tempos atrás, decíase que o cuco cucaba pros cartos, e según os cartos que se tiñan na carteira no momento de escoitalo, así estaría a carteira o resto do ano. Tamén había a creenza de que cando estaban vaias persoas xuntas, so surtiria o efecto dos cartos nunha delas.
…….Entón, sabendo esto, eran dous homes que, indo por un camiño, sentiron cucá-lo cuco, e díxolle un ao outro.
…….– Cucou para min.
…….Ao que o outro respostou: 
…….– Non, ho, ¡ese cucou para min!.
…….E sobre desto tiveron tal disputa que acordaron leválo asunto a un abogado. Ao chegar ao despacho contáronlle ao señor abogado o choio que os levaba xunto del. E o abogado díxolles:
…….– Poñan cincuenta pesos cada un enriba da mesa, e despois dígolles para quen cucou o cuco.
…….Sacaron da carteira e botaron encima da mesa os cincuenta pesos cada un. Entón o abogado, botando man aos cartos, dixo:
…….– Nin para un, nin para o outro, o cuco cucou para min.

A ZOCA E O ZAPATO

A ZOCA E O ZAPATO
Unha zoca peleouse,
cun zapato certo día,
díxolle o zapato á zoca:
Nin de lonxe te quería.

Díxolle a zoca ó zapato:
Pra que te quero cipote,
anque che laven a cara,
quedas negro coma un pote.

Díxolle o zapato á zoca:
Eso tenme sen coidado,
eu son fillo dun bon pai,
lixeiriño e espabilado.

Díxolle a zoca ó zapato:
Eso non me importa nada,
eu son branca e moi feitiña,
encluso repenicada.

Acabouse a guerreada,
seguiron o seu camiño…
A zoca xa se acabou,
o zapato está noviño.

Tradicional. Atopeino escrito nun papeliño sen ningún dato sobre da súa procedencia. Sinto non saber nada dél nin do informante.

sin-tc3adtulo3

O ROMANCE DA “PINTA” ( nón a de Pinzón)

O ROMANCE DA “PINTA” ( nón a de Pinzón)
Oigan vostedes señores,
o que lles vou a contar.
Aconteceu en Baiona,
en Baiona “La real”

Daquela mandaba alí,
un señor correxidor,
moi galán e zalameiro,
moi xentil e encantador.

Tamén vivia, señores,
un humilde labrador,
Pepe “O Cabeco” chamaban
pequeneiro e falador.

Andando un día co gando,
ás murallas se arrimou,
deixou  á “Pinta” pacendo,
Non sabedes que pasou!

Dende o carón das murallas,
a vaca “PINTA” escapou.
ó ver aqueles manxares,
a vaquiña toleou.

Xa estando a vaca na Palma,
comendo de flor en flor,
veu “Chicho” mais catro gardas,
e pro calabozo a levou.

Moito traballo lles dou,
a vaca comera a eito,
levárona ao calabozo,
sen leerlle os seus dereitos.

Despois de moito lidiar,
o “Chicho” mailo “Cabeco”
ao remate, a xustiza,
deulle a razón ó labrego.

E aqui remata a historia,
da “Pinta” e seu culebrón,
famosa no mundo inteiro,
pero non a de Pinzón!
ESCRIBIUNO:Ramón Pazos Marcote.- Baiona

Nota: Coa efeméride dos 30 anos do xuicio da Pinta, ahí vai a miña homenaxe en forma de Romance

https://www.vigoe.es/comarcas/val-minor/item/15516-30-anos-del-juicio-a-la-vaca-detenida-en-baiona

 

AMIGUIÑOS SI PERO…

AMIGUIÑOS SI PERO…

     Istes eran dous mozos que naceran na misma aldea, polo que se criaron xuntos, e xuntos foron a escola e xogaron de cativos.

     Cando se fixeron mozos, traballaron tamén xuntos na Fábrica do Gas, ate que esta pechou debido a chegada da electricidade nas aldeas. Ao quedar sin traballo andiveron ó xornal compartindo esforzos e duros traballos, ata que chegou o día en que un diles quixo probar sorte na emigración, e anque non lle gustaba moito a idea, marchou pra Bós Aires.

     Pasaron os anos e un día, como tantos outros, volveu probe coma as arañas e con moi pouca saúde. Preguntou polo seu amigo, e dixéronlle que vivia ben, que traballaba na vila vendendo castañas asadas na temporada delas e que só con eso tiña para pasar desafogadamente o resto do ano nunha casiña que fixera. Tamén lle dixeron que si queria velo estaba diante da oficina bancaria que había na Praza Maior do pobo pois alí estaba o seu posto de asador de castañas e que semellaba a unha máquina do tren.

     Achegouse alí. Mirouno e viu que seguía coma sempre. Tiña moita xente agardando para mercarlle un cartuchiño das castañas que  soltaban un arrecendo por toda a praza, que ate a él lle entraron ganas de comer algunhas.

     Cando se viron, déronse unha forte aperta, riron, comeron castañas e lembraron os tempos da Fábrica do Gas. Cando xa levaban un bó tempo de palique díxolle ó seu amigo:

     – Pois xa ves, non me foi moi ben polas Américas estes anos,  e mismo veño algo enfermo e contando de me recuperar e seguir traballando namentras o corpo aguante.

     – Ai home. Pois eu aquí che estou, diante do Banco e atendendo o meu negocio das castañas. Hai días que non dou feito, vivo sin luxos pero folgadamente, pero este negocio por desgraza, non da pra dous. De todos os xeitos e si te ves necesitado…

     – Xustamente a eso viña, a ver si me podías prestar algo.

     – Pois síntocho ben home. Pero teño un trato feito coa oficina bancaria e que non podo romper: “Nin eu podo prestar cartos, nin eles poden asar castañas”

 

O GUISO DE LEBRE

O GUISO DE LEBRE.
       Ao tío Mateo, morréralle unha tía que vivía noutra parroquia, a trinta kilómetros monte ao traveso de onde il vivía.
       Por aqueles tempos non había os coches que hai hoxe nas aldeas e os desprazamentos a outros lugares facíanse a pe. O tío Mateo, calzou uns zocos ben chatolados, vestíu o mellor traxe que tiña, púxo na cabeza a boina nova que tiña pros domingos e púxose en camiño, disposto a coñecer de paso algo mais de mundo, pois só coñecía a súa parroquia e as da contorna.
       A tía Nieves envolveulle nun anaco de papel de estraza unha codela de pan de broa e un anaco de touciño para escorrentar a fame do medio día, pois botaba de contas que non chegaría a casa da finada ata as catro do serán, e para apagar a sede, xa bebería auga de calquera regueiro, que daquelas levaban unha auga, limpa e sá e que se podía beber con tada a confianza do mundo.
       Cando levaba andadas unhas cuantas horas, botou man do seu reloxo de bolsillo e mirou que xa marcaba preto da unha. Pensou en andar unha horiña mais para despois sentarse ao pé dun balado, e xantar o bocado que levaba no bolsillo. Con isa idea seguiu camiño, pero ao pouco tempo chegou a un pobo bastante grande no que o primeiro que víu, foi unha taberna con un letreiro no que poñía CASA DE COMIDAS DO XENARO “Especialidade da casa, guisos” E o tío mateo que sempre andaba con unhas boas pesetas no bolsillo do chaleque, pensou entrar E xantar un bo guiso con un xerriño de viño. A codela de pan e o touciño, xa os comería a volta.
       Así fixo. Entrou na taberna, sentouse nunha das mesas que alí había e chamou a señora que estaba detrás do mostrador:
       – Mois bós días cabaleiro…eló, que vai ser.
       – Verá, mirei eí fora que teñen guisos, i eu pensei de mandarlle un bó prato dil xunto con un xerriño de cuartillo de viño tinto.
       – Si señor, o que vostede mande…e de que quere o guiso…
       – Elle o mismo ó, que eu sonlle de bó dente e como de todo…mismo de lebre si é que lle queda.
       – Si señor, si. Agora mismo llo traio.
       E así foi, trouxolle en prato fondo tan cheo que faría randear a pola mais grosa do carballo mais vello. O tio Mateo comeu como si tivese a fame de sete días, e bebeu dúas xerras de viño tinto e que valeirou sin botalo na cunca que lle habían traído.
       Así que rematou o xantar e despois de tomar un par de cafés de pota con pingas de augardente, chamou a señora pra que lle cobrase a derrama que había feito.
       – Señora, faria o favor de decirme o que lle debo… e que xa van sendo moito horas de poñerme de novo en camiño.
       – Ai si señor, si. Sonlle cincoenta reás mais a vontade, -contestoulle a señora con un sorriso- e que tal o guisiño señor, seica estaba bó, ou? Xa vexo que ata enzoufou o pan na salsa.
       -Pois si señora, sí. Estáballe ben bó. Así non deixei nada. O que notei foi que a carne estaba un pouco negra anque moi boa de sabor…
       – Negra dí vostede? Pois non sei porque sería, xa que o gato éralle ben branco.

(Contoumo xa fai moito tempo  o Señor Salustiano Hermida , un bó amigo dunha parroquia da Agolada que viña moito pola taberna do Castelo)

sin-tc3adtulo3

ROMANCE DO GATO

ROMANCE DO GATO

Estando o señor don Gato,
en sillón d’ouro sentado,
con xibón de cotonía
y muy largo embitonado,
luego Ile viu la noticia
que había de ser casado,
con unha gata malíesa,
que andaba n‘aquel tejado.
El gato, con tanta risa,
caiu del sillón en bajo,
rompió las siete costelas
y mais la punta del rabo.
Luego chamaron al médico
y tamién al escribano,
para facer testamento,
de lo que había robado:
— Dúis libras de longaniza,
mas otras dúis de pescado,
y otras tantas de manteiga,
para manteiga-lo caldo.
Se me morro deste mal,
que me enterren naquel campo,
con la cabeciña fóra,
y el peliño ben peinado.
Con un letreiro escribido,
bien grande y aún mais claro,
con letras de ouro que diga:
“Aquí morreu un desdichado.
Non morreu de tabardillo,
ni tampouco de costado,
que morreu do mal de amores,
que é un mal moi desgraciado.”

Remexendo na miña maleta da desorde, atopei nun papel esta versión do famoso romance. Non lembro nin onde me fixen con ela, pero é ben mais fermosa que a que está en castelán.

Estando o Siñor don Gato,

en silla d’ouro sentado,
poñendo medias de seda
e o seu zapato picado.
Mandáronlle cartas novas,
se quería ser casado,
cunha gatiña morena,
d’unha pintiña no rabo.
O gato coa alegría,
rubiuse logo á un tellado,
e unha pulga doulle un couce,
e caiu o gato embaixo.
Partindo catro costelas,
e a metade d’o espinazo.
Mandou logo chamar curas,
pra dar conto d’o robado.
Sete varas de chorizo,
outro tanto d’adoubado
Unha xerriña d’aceite,

pra facer millor guisado.

 

 

sin-tc3adtulo3