AS CAIXAS DOS PUROS!

AS CAIXAS DOS PUROS! 

..      Ata non fai moito, cando as fotos eran un anaquiño de papel, feitas coa xente que mais se quería, e mirábanse cando calquera dos amigos ou da familia viña ata casa, gardábanse nas caixas dos puros con uns grauciños de arroz pra que non se humedeceran.

..      Que boas aquelas tardes, cando despois do café, os nosos pais traían prá cociña as caixiñas dos puros, nas que gardaban con todo o amor do mundo as nosas fotos sacadas no cole, as da primeira comunión, as do domingo de Ramos estreando o pantalón curto, calcetíns ata os xeonllos, e os zapatiños de charol que non volvías poñer ata o día da festa. As fotos dos nosos avós, e do resto da familia, as das xuntanzas cos veciños debullando no millo…

..      Agora, fanse tantas fotos que xa non se lles da tanto valor, e gárdanse en PCs e Pendrives, e a meirande parte delas, xa non se volven mirar nunca.

..      Agora que xa non fan tal función, ás caixas dos puros, atopóuselles outra maneira de reciclalas, por exemplo… poisss… pra facer un Triple Canario!!

..      Unha aperta.