UNHA NOVA CANTIGUIÑA.

UNHA NOVA CANTIGUIÑA.
.    Aquí tedes a miña nova cantiguiña. Ata me parece que é a primeira cantiga de amor que fago cun texto meu. E a verdade que quedei contento con ela e gústame. Un dos motivos, seguro que é polo traballo que me dou rematala.
  Os lugares nos que aparece o video, son uns remansos de paz onde me inspirei para facela, e neles naceu. Despois grabeina na tranquilidadeda casa.
  Seguro que a incorporarei ós meus directos pro ano que ven, e como non podo tocar quitarra e piano a un tempo, pois a melodía do piano fareina asubiando, anque non debo facelo moi ben, porque miña nai decíame que non asubiara que asustaba ós melros.
  Pois nada. que espero… e ogallá vos guste!

CANTIGA DE AMOR

CANTIGA DE AMOR

Que fermosos ollos verdes,
que aínda o son mais, ó brilar,
dando luz a ese sorriso,
que dibuxas ó mirar.

Mel pura son os teus beizos,
froita doce polo verán,
cando bican miña pel,
fan que toque o ceo coas maus.
coas maus….
Coas maus!
…..
Que ledicia pros meus dedos,
enredarse coas túas maus,
acariciar teus cabelos
dibuxando ondas do mar.

Que dozura escotarte,
e camiñar xunto a ti.
vou pisando nubes brancas,
por un camiño sen fin.
sen fin…
Sen fin!