PARRAFEO ENTRE A MORTE MAIS EU! (Aviso a navegantes)
– A morte ándame seguindo,
pois ven a todos meus actos,
e dime que quer levarse,
a todolos meus contactos.
No na cagues, calavera,
que ata os pes e as maus me sudan,
ti non mos leves a todos…
Só os que non me saúdan!!!
– Estou dacordo contigo,
e penso que tés razón.
A ises que non te saudan,
levareinos pro panteón.
E xa te aviso, meu amigo,
que anque che deña coraxe,
levareime tamén a ises,
que non che len as mensaxes.
– Dígoche morte, que é,
xente que non se emociona,
dalles outra oportunidade,
e a ver se mañá reaccionan.
E a morte dixo:
Dacordo!!
Pero fareinos cinzas!!
Sé que mañá non saúdan,
ti, nada mais me avisas!!!
…….
Aquí, en Galicia, somos moi dados a copiar as tradicións foraneas, como se non tiveramos dabondo coas nosas. E chamámoslle “Jalo ven” ó que foi toda a vida o día de difuntos. Bueno, chamámoslle “Jalo ven” de momento, porque xa veredes como nuns anos convertímolo en “Jaloven Fest”… porque agora todas son “Fest”
É que os galegos somos así, e non hai volta que darlle.
En México non fan coma nós. Danlle ó jalo ise por onde o lombo perde o seu casto nome pola parte de abaixo, e celebran por todo o alto, xa que é unha tradición ancestral, o “Día de muertos” e fan coplas á morte, tal como facemos aquí polo Entroido ou polos Maios.
As coplas, inspíranse en conversas entre a morte e as persoas, á maneira das nosas regueifas.
O poema que puxen, é un bo ejemplo.
Así que xa sabedes, en canto veña o Jalo ese, coitelada ó pescozo e pro forno con el!!!
…………
RESPONSOS PARA FEDERICO DO OUTEIRO.
SOLISTA Morreu Federico, quedou o fillo.
CORO Quedoulle o chupe de monaguillo.
SOLISTA In venerémolo logo.
CORO Venerémolo cantando, xantando e bebendo.
SOLISTA Do ceo caeu un garrafón.
CORO Cheíño de viño pra ocasión.
SOLISTA Ave.. ave… a beber viño.
CORO E botémoslle un pouco polo fuciño.
SOLISTA Cinco euros de propina seguros.
CORO Que sí, para poder comprar uns puros.
SOLISTA E si lle cantamos un bó rato.
CORO A viuda paga outros catro.
SOLISTA E si o difunto é muy rico.
CORO Cantámoslle un chirivico.
SOLISTA E si o difunto é muy probe.
CORO Tanto cantar xa nos fode.
SOLISTA Si temos pecados, mellor nos será confesalos.
CORO Aproveitemos a ocasión pra se confesar.
SOLISTA E despois matemos a fame.
CORO Que con fame non hai quen cante.
SOLISTA Pois xantaremos no Pipeiro.
CORO Un bo pulpo e carne o caldeiro.
SOLISTA E aceite aceitorum.
CORO E pimento pimentorum.
SOLISTA Follas de loureiro a eito.
CORO E xa está o rustrido feito.
SOLISTA Deasile, deasile, si é tonto que espabile
CORO E si é pobre e non ten nada botemoslle terra na cara.
SOLISTA Adeus amigo Federíco
CORO Sexas pobre ou sexas rico, enterrámosche o forico
TODOS Amén
SOLISTA As misas o 18 de xullo
CORO Que é cando dan máis propina
TODOS Amén
