IN MEMORIAM: MARÍA OTERO CASAS . Van alá dúas ou tres décadas de cando un día cantando nas festas de Santa María de Sacos, chamou a miña atención un monumento funerario que hai onda a entrada da igrexa, dedicado a María Otero Casas, que fora mestra na parroquia, e unha estrofa a modo de dedicatoria, coa seguinte inscripción: “LINDERO ENTRE DOS MUNDOS SOLO UNA LOSA NOS SEPARA TU DUERMES EN UNO SIN VIDA YO EN OTRO TE VELO SIN ALMA” . Preguntando sobre este monumento, ensinaronme uns cuantos mais espallados pola aldea de “Vila de Riba” dedicados tamén a esta muller, e contáronme unha historia de amor. . O que fora compañeiro dela, para amosarlle o seu amor, e cando esta finou, dedicoulle todos estes monumentos, e ata fixo unha casa semellando á que vivian en Pontevedra. . En todos puxo tamén un reloxo coa hora na que finou : Ás 10 da mañá. . Fai uns días, volvinme lembrar desta fermosa historia, e achegueime outra vez á Vila de Riba, para ver como estaban aqueles monumentos que tanto chamaran a miña atención. E alí seguen, anque as inscripcións xa están algo borrosas e os monumentos en total abandono. A historia tan fermosa, perdurará nos tempos. . Tamén se conserva a a casa na que viviron algún tempo, con un monumento feito en ferro imitando a unha torre, e rematado en punta de flecha e que preguntando, non me souperon dicir moi ben o seu siñificado.