AS ANDURIÑAS XÚNTANSE, E PREPÁRANSE PARA EMIGRAR!!!

AS ANDURIÑAS XÚNTANSE, E PREPÁRANSE PARA EMIGRAR!!!
….
Lonxe dela, de pé sobre a popa
dun aleve negreiro vapor,
emigrado, camiño de América
vai o probe, infelís amador.
I ó mirar as xentís anduriñas
cara a terra que deixa cruzar:
“Quen puidera dar volta -pensaba-,
quen pudera convosco voar!…”
Mais as aves i o buque fuxían
sin ouír seus amargos lamentos;
sólo os ventos
repetían:
“¡Quen puidera convosco voar!”

(Anaco do poema “Unha noite na eira do trigo” de Curros Enriquez)
– O poema, foi musicado por Xosé Castro “Chané”, que xunto con Curros, foron emigrantes en Cuba.
A cantiga, acabou sendo tan popular, que a tradición modificou o primeiro verso “No xardín unha noite sentada” por “Unha noite na eira do trigo” que rematou sendo o título da cantiga.
O tema do poema é a separación dos amantes por culpa da emigración. Mentres o mozo emigra a América, a rapaza queda chorando en Galicia, cun desenlace tráxico por parte de Amador.
…..
Dun amor celestial, verdadeiro,
quedou sólo, de bágoas a proba,
unha cova
nun outeiro
i on cadavre no fondo do mar.
…..
Curros e Chané, que coincidiron na emigración en Cuba, na música e na poesía, tamén descansan xuntos no cemiterio do Santo Amaro da Coruña.