BARACALDO. A SEXTA PROVINCIA GALEGA!!!

BARACALDO. A SEXTA PROVINCIA GALEGA!!! 

        Como ben sabedes todos, Bos Aires, está considerada como a quinta provincia galega, pero o que casi ninguén sabe é, que Baracaldo é a sexta.

        Durante os tempos duros da emigración, chegaron a residir no País Vasco 75.000 galegos, a meirande parte diles, das miñas Terras do Deza, e aínda mais, dos concellos de Lalín, Agolada e Cruces.

        Moitos distes emigrantes, estaban en Bilbao, e traballaban na empresa dos buses urbáns da capital vizcaína. Lembro dunha vez que estiven alí, que os chofres e revisores, eran todos galegos.

        Pois ben. As cocheras distes autobuses, estaban nun fermoso val a uns 10 Kms. de Bilbao. Un lugar moi parecido á Terra Chá de Lugo (Tierra Llana, según a Xunta) pero que daquelas, aínda non tiña nome.

        Os traballadores galegos da empresa, empezaron a facer casiñas arredor das cocheras, para non ter que ir e vir todos os días a Bilbao.

        E o que fora un fermoso val, trocouse co tempo nunha fermosa vila, onde se falaba mais galego, do que se fala hoxe en Galicia.

        Empezaron a frorecer os comercios, os supermercados, e como non… os bares!!!

        A morriña, e o sabor do caldo, levou a todos os bares e cafeterías da nova vila, a poñer como reclamo un letreiro ben grande que poñía: “Temos Caldo”

Isto levou a pensar ós bilbaínos, que os galegos, tiñamos unha pócima parecida á que lle facía Panoramix ós galos. Tanto foi así, que pouco a pouco, abandoaron as suas costumes culinarias ancestrais, e cambiaron o chacolí e o marmitaco, polo ribeiro e o caldo. E mais aínda, cando miraban que se poñían fortes coma mulas…  De aí a fama dos bilbaínos!!

        O Caldo, alcanzou tal fama por Bilbao en diante, que co tempo, bautizaron o pobo como “El Pueblo de los bares a Caldo” e co andar dos anos, queduòuse en Baracaldo.

        Pois ala. Que teñades bo día, e esperade a que pasen os efectos de “Filomena” para perdervos polas congostras.

        Apertas para todos