O TEXTIL: ENTRE A RIQUEZA E OS DONATIVOS.

O TEXTIL: ENTRE A RIQUEZA E OS DONATIVOS.
    E ven isto a conto, pola folga das empregadas de certa casa de moda, que como dí o refrán “Moito presumir e a casa sen barrer”.
    As mulleres galegas, son as grandes estafadas das fábricas textís.
    E sei moi ben do que falo, porque son de Lalín, noutrora o centro da moda de Galicia e da península inteira.
.      Houbo un tempo, no que as grandes fábricas de moda, estaban en Lalín.
.      En Pontevedra capital, facíase unha pasarela de moda chamada “Pontus Veterís” na que solo participaban os modistos lalinenses, e presumíase de que equipos de futbol coma o Madrid ou o Sevilla, vestían moda galega.
    Todo esto ven a conto, porque como repito, os que somos de Lalín, sabemos como se fixeron as grandes fortunas textís da comarca.
    As nosas nais e avóas, traballaron de lúa a sol, e noite tras noite zurcindo roupa para estas casas. Remataron coa espalda feita trizas, e coa vista desfeita de coser un día si e outro tamén, para que os seus fillos e netos, puideran levar ás oito da maña ás fábricas, as pezas de roupa que colleran o día antes ás oito da tarde.
    Eu mesmo, teño o tacatá da máquina de coser da miña nai metido nos oídos de escoitala noite tras noite. Anque a ela, explotouna unha casa de modas de Pontevedra e non de Lalín.
    Estragaron a súa saúde por unha miseria, e sin nin siquera cotizaron por elas.
    Todo en negro… centos e centos de mulleres, traballando para enriquecerse o patrón con cartos en negro!
    E agora aínda por riba, que moitas delas piden unha paga disas que chaman mínimo vital, hai algúns malnacidos, que din que estas pagas pídenas @s vag@s.
    Pero o peor foi cando a crise do 2011, que moitas ou casi todas estas empresas, fundiron, ou medio fundiron, e pedioron axudas que a Xunta lles concedeu a baixo ou mínimo interese, pare que retomaran o traballo nas fábricas. Nunca remontaron o voo. Todo o contrario, coas axudas oficiais que recibiron, largáronse para Marrocos e Portugar, para fabricar mais barato, e ós galegos, que lles dean por onde a espalda perde o seu casto nome pola parte de abaixo. E o que aínda é peor, os organismos oficiais, nunca lle pediron contas das subvencións concedidas.
.      Agora, aí os tedes, presumindo de riqueza, fabricando e cotizando fora do país, e explotando ás fillas e netas, daquelas nais e avoas que co seu sudor e a súa saúde fixeronos ricos.
    Os seus beneficios anuais, contanse por miles de millóns, mentras as súas traballadoras, seguen mendigando unha paga diña. Que por certo, e nestas empresas, as mulleres seguen gañando ata un cincoenta por cen menos cós homes, non se sabe moi ben por qué. Quizais pola famosa lei do embudo!
    E aínda hai quen os defende, e aplaude as migallas que gastan en publicide en modo e maneira de donativos para saúde, como se foran uns salvapatrias.
    Galicia, non lles debe nada, e as mulleres galegas, menos!!
.      Son iles, quenes lle deben moito a Galicia e as nosas mulleres!!
    Que teñades bo día.