AMIGABLE CONVERSA NO RÍO VERDUGO

AMIGABLE CONVERSA NO RÍO VERDUGO
Un parrulo e un cormorán,
fixeron boa amizade,
e nunha pedra do Verdugo,
falaban así nunha tarde.

– Ti con qué matas a fame?
Díxolle o parrulo ò cormoran…
A min danme os rapaciños,
unhas codelas de pan.

– Eu sonche bo pescador,
contestoulle o cormorán.
E gústanme mais as troitas,
que as coldelas que me dan.

– Ten coidado compañeiro,
e vaite para outros eidos.
O domingo empeza a pesca,
e vanse cabrear os troiteiros.

– Moitas grazas meu amigo,
Ireime na mañanciña,
que alá polo mar das Cies,
hai bos bancos de sardiña.

– Fas moi ben querido amigo,
déixasme cheo de gozo,
que se te pilla un troiteiro,
igual che retorce o pescozo.

E colorín colorado,
xa está o conto contado,
Quedouse o parrulo na pedra,
e o cormorán… Emigrado!

(No río Verdugo en Ponte Caldelas)