A INOCENCIA DOS AVÓS

A INOCENCIA DOS AVÓS…
O avó, estaba esperando polo seu neto á saída do colexio.
– Avoíño, avoíño… como se chama cando dúas persoas durmen no mesmo cuarto e unha delas está enriba da outra?
O avó, quedou un pouco sorprendido ante semellante pregunta do seu netiño de oito anos, pero decidiu dicirlle a verdade, xa que os tempos nestas cousas avanzaron mais cá física cuántica.
– A eso chámaselle ter relacións sexuais. Tamén se lle chama coito, furabolos, fojete…
– Ahhhhh… graciñas avoiño!!!
Pro outro día, e cando o avó estaba na porta do colexio esperando polo netiño, saío este con cara de poucos amigos cara él:
– Avó, non se chaman relacións sexuais nin nada diso que dixeches!… Chámanse literas!… E dixo a mestra que vaias onda ela que quere falar contigo.