Camiño imos hacia Belén, que anda o meniño a chorar, imos cantarlle pra adormiñalo, e que deixe de berrar.
Para cambiarlle os pañais, levamos ó amigo Andrés, que dalle xeito a cambialos, do dereito e do revés.
Ten moita maña pro asunto, xa que de nenos, ten tres, e xa limpou tantos cus, que non lle causan estrés.
Camiño imos hacia Belén…
Tamén vai Julio, ”O Jedellas” que lle fixo un biberón, e mentras o neno chupa, vaille toca-lo acordeón.
Fíxollo con chiculate, e cun cuartillo de leite, e pra escorrentalle o frio, unhas pingas de augardente.
Camiño imos hacia Belén…
Eu levo dende Lalín, para facer ó camiño, unhas lescas de xamón, e unhas cunquiñas de viño.
E pro xantar do meniño, uns greliños con lacón, e uns chouriciños ó viño, que seica é un neno lambón.
Camiño imos hacia Belén…
– Panxoliña dedicada ós meus amigos Julio González Álvarez, e Andrés Lorenzo Castro, que andan sempre ó meu rabo decindome… “Quéeee, a ver cando nos dedicas unha cantiguiña pra convidarte a unhas cervexas”