DÍA DAS NOSAS LETRAS 2021, NA HONRA DE XELA ARIAS

DÍA DAS NOSAS LETRAS, NA HONRA DE XELA ARIAS!!

..      Cando ós 10 anos, viñen para Pontevedra facer o “bachiller” aquel que se facía daquelas, fun dar ó colexio “Inmaculada Concepción” de Pontevedra. Un cole que parecía mais un reformatorio ca un cole. Habia un par de profesores que che daban tundas ata por respirar. Prohibían falar galego, e ata ir con zocos á clase.

..      Solo botei dous anos alí.

..      Rematei indo pro Sanchez Cantón, onde un conserxe de Salcedo, o Señor Andrés Castro, que tocaba a guitarra, fíxose amigo meu e prestoume un libriño, o primeiro libriño que lin naquela lingua coa que nacín, pero que non me deixaban falar.

..      O libriño era “Cantares Gallegos” de Rosalía.

..      Aquilo, foi mel pros meus ollos, e o primeiro libro dunha fermosa colección diles que teño no meu idioma.

..      Cando o lín e quixen volverllo, díxome que me quedara con el.

..      Non sei cantas veces o lin dende aquelas, e non sei cantas veces volverei a facelo… pero para min, Rosalía, sempre será o referente da miña lingua e da miña cultura!

..      Sentín tal respeto por ela, que nunca me atrevín a musicar un poema seu ata fai un par de anos que o fixen co poema “A xustiza pola man”

..      Paréceme un poema moi duro, pero tamén, dos seus poemas mais fermosos. Musiqueinopor mor dun concerto que din en Vigo, e agora grabeino, para subilo á miña canle de You Tube.

..      Espero que vos guste, e tamén vos pediría que o compartades.

..      Bo día para todos, e feliz día das Nosas Letras.

..      Celebradeo, celebrade a todos nosos escritores, e por riba de todos eles, á poetisa luguesa Xela Arias, a quen vai dedicado este ano.

…………..

..      No segundo libro de “Follas Novas” atópase este fermoso poema, onde Rosalía conta a vinganza dunha muller, que despois de pedir xustiza en balde, decide tomala da súa mau, dando morte a quen a ofendeu.

..      No poema, non dí a clase de delito que cometeron “os raposos de sangue maldita” pero si dí, que lle fixeron un leito de toxos e silvas, racháronlle a roupa, e roubáronlle a brancura, polo que da a entender unha violación.

..      Pero mais adiante, tamén fala de que que lle queimaron a casa, e que os seus fillos morreron de fame, polo que, amais dun posible delito de violación, hai outros mais engadidos.

..      O que si deixa claro Rosalía, é o resentimento, o odio, e o desexo de vinganza da muller perseguida.

..      Eu permitinme a licenza de escoller solo os versos nos que se pode dar a entender un caso de violación, e musiqueino fai un par de anos, para cantalo nunha asociación de mulleres vítimas de violencia de xénero.

A XUSTIZA POLA MAN

Aqués que ten fama de honrados na vila

roubáronme tanta brancura que eu tiña,

botáronme estrume nas galas dun día,

a roupa decote puñéronma en tiras.

Quedei deshonrada, murcháronme a vida,

fixéronme un leito de toxos e silvas;

i en tanto, os raposos de sangue maldita,

tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!

De min se mofaron, vendeume a xusticia.

-Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…

Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Entonces cal loba doente ou ferida,

dun salto con rabia pillei a fouciña,

rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!

I a lúa escondíase, i a fera dormía.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,

dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.

I ó lado, contenta, senteime das vítimas,

tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:

eu, neles; i as leises, na man que os ferira.