CANTAR DE CEGO – I

CANTAR DE CEGO – I

Este velliño que vedes cantando
de entrambos ollos da cara cegóu,
mais por agora vaise gobernando
gracias outro ollo que aínda lle quedóu.

Todas istas cousas contáronme a mín
volvendo da feira do tres en Lalín,
con outras cousiñas que eu vos contaréi,
si falsas ou certas eu no volo sei

Como son cego e falto de vista,
cando unha moza me ven a falar
pra coñecere si é gorda ou é fraca
teño por forza que as maus apelar.

E teño ouservado que as hai que se rin
e outras máis pouquiñas que fuxen de min,
a maior parte delas chaman polas mais
ou chaman baixiño e arrimanse mais.

Ana Marica quedóuse soliña
cando pra Cuba seu home marchou
e tal disgusto pillóu a rapaza
que gravemente a coitada enfermóu

E solo quería que a fora coidar
un primo que tiña no mesmo lugar
e logo dicía xa cando sandóu:
gracias as freguiñas que Manoel me dou.

Sin título

Advertisements

O SR. FLORENCIO (O cantar da Palmeira)

O cego dos Vilares, Sr. Florencio López Fernández, naceu na parrroquia de Bruicedo que perteñece ao Concello dá Fonsagrada na provincia de Lugo, no ano 1014.
Quedou cego de cativo debido a enfermedade dá varíola. Chamaba a atención o seu sexto senso pra saber volver ou seu fogar despois de percorrer tantos camiños como percorría pra desenrolar ou seu medio de subsistencia, cantáres de cego e outras cantigas dá música tradicional galega. Acompañabao moitas veces o seu irmán Pascario que era un afamado coplista.
Era moi coñecido pola zona dá Fonsagrada e a Ribeira de Piquín pois eran ás terras que mais frecuentaba para interpretar os seus cantares acompañándose de un violín.
Tiña un amplo repertorio no que destacaban cantigas como, O cantar dá Palmeira, Muiñeira, O testamento do gato, Carmiña, Carmiña (Carmeliña) do meu agrado etc
Morreu non ano 1986 aos 54 anos na Fontanaría

O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA

O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA

Escoitenme meus señores,
o que lles vou a contar,
e que no barrio do Coto,
tivo a magoa de pasar.

Nun día do mes de Marzo,
de mil novecentos nove,
alá polo medio da tarde,
deses dias que mais chove.

Adentrouse na taberna,
o señor Santiago Ares,
e pedíu falar axiña,
con Feliciano Fernández.

Baixou do andar Feliciano,
e deu en tratar con el,
para que fora a Mondoñedo,
que mais tarde iría el.

Ó pouco saíu da casa,
quizáis por última vez,
colleu camiño da Vila
montado no seu corcel.

No camiño da fervenza,
foise atopar con Ares,
decindolle que se baixara,
que iban a ter uns falares.

O dos “músicos” baixouse,
con algo de desconfianza,
e o criminal do Ares,
acoitelouno na panza.

Despois cargou a escopeta,
ao ver que se escapaba,
pero non dou atinado,
ó que xa se desangraba.

En canto chega a San Lázaro,
volve carga-la escopeta,
e zorrega un par de tiros,
anque con pouca certeza.

Namentras o feliciano,
a súa casa chegou,
con toda-las tripas fora,
das feridas que levou.

Tales eran as feridas,
que non durou moito tempo,
e no serán do outro día,
xa tiña o velorio feito.

E o vintedous de mañá,
de un chuvioso mes de Marzo,
no convento da Alcántara,
saíu culpable Santiago.

Ninguén sabe porque o fixo,
algúns din que foi por celos,
pois seica que non lle daba,
a rapaza bos consellos.

Santiago foi condenado,
a catorce anos de cárcere,
e a pagar duas mil pesetas
a familia de Fernández.

               Letra: Antón Reigosa Lombao – Lugo
               Arranxos: José Iglesias Fernández

(Relato de un crime acontecido na provincia de Lugo e feito a modo de un cantar de cego)

Sin título

 

CEGO SI, PERO SÓ DUN OLLO

CEGO SI, PERO SÓ DUN OLLO

As lenguas de doble filo
contáronme fai un pouco,
tremenda historia gaitera,
desas de “ahí viene el coco”

O Señor Don Diputado,
con un séquito aguerrido,
planearon con moito esmero,
un festival divertido.

– Haberá gaiteiros a esgalla,
de todas partes venidos,
e tamén da nosa terra,
dos que son nosos amigos.

E puxéronse a pensar,
de que modo e que maneira,
podían traer aos mellores,
sin valeirar a carteira.

-Dirémoslles que si veñen,
de seguro promocionan,
e si temos boa sorte,
moitos cartos nos aforran.

E mandou seus emisarios,
coa orden de pactar,
cos gaiteiros unha paga,
con esta escusa sen par:

– Custa moito contratarvos,
aos bailaríns e aos gaiteiros,
así que para vosoutros,
non nos chegan os diñeiros.

E ofreceulles moito menos,
do que de cobrar debían,
nin a mitade chegaba,
do pago que merecían.

E foilles vender a “moto”
que por boa causa era,
que ao achegar posturas,
a pena ben merecera.

-Señor de lonxanas terras,
vaia negocio me ofreces,
vaite rañar a barriga,
que outra cousa non mereces.

Esta historia enseñounos,
ben fermosa moraleja,
“O que queira bós gaiteiros
que os pague a tocateja”

Epílogo:
“Viñéchesme ver Rafael,
pensando que me enganabas
son cego… máis só dun ollo!
Nos outros dous non teño nada.

Sin título

O CANTAR DA LEBRE

O CANTAR DA LEBRE

“O día cinco de xaneiro
vaia día máis fermoso,
pasou un caso en Roimil :
escapoulle a lebre ó Coxo.

Escapoulle a lebre ó Coxo
aínda cha ha de estrañar
desde o mes de setembro
que a tiña a cebar.

A lebre estaba viciosa
roeulle as varas ó cesto
e saíu daquel encerro
despois de catro meses dentro.

Chamou o Coxo ós cazadores
pra que lla foron pillar
saíu Lucas e Quiroga
non a puideron matar.

Non a puideron matar
a bo fe, viñan cansados:
ela quedaba escondida
na chousa de Quitarrabos.

Lucas de tanto correr
xa lle pingaba o bigote
e dixo: Non corro máis
sen o viño do pipote

O Coxo de visto tal,
deu en ‘reñer’ coa Racha;
mandou aviso a Trasmonte
ó Ferreiro da Muraza.

O Ferreiro en vista disto
preparou a carabina
pasou a noite tras dela
ata o marco da Valiña.

E a pobriña da lebre
por onde ela andará,
o día sete de xaneiro
pasou a ponte de Saa.

Pasou a ponte de Saa
xa non leva moito medo
púxose a comer as herbas
no anabado de Cubelo.

A lebre ten moita forza
porque estamos en xaneiro;
non estaría hoxe viva
se vivise o Culleireiro”

(Recitoumo a veciña de Toques Erundina Lopez Sabrexo o día 16 de Outubro do ano 1979. Coñecese como o “Cantar da lebre” En el faise referencia a distintas parroquias de Friol e Guitiriz, e os persoaxes que aparecen seica eran distintos cazadores moi coñecidos da comarca)

Sin título

MUIÑEIRA DE RODEIRO

MUIÑEIRA DE RODEIRO

Eu cantar, cantaba ben-he

i a garganta non me axuda,

heina de deixar quedar

nunha laranxa madura.

 

Baila, que podes bailar-he,

baila, que podes bailar-he,

levaches a mellor moza

que había neste lugar-he.

 

A Pepiña do Rodeiro,

ela deu esa tonada,

ela que sone que non-he,

eu tamén vou na manada.

 

Chove quediño na herbeira,

chove quediño na herbeira;

o cantar de media noite

é o das mozas solteiras.

 

Mira pra ela galán-he,

mira pra ela bribón-he,

xa lle deches a palabra

e agora dislle que non-he.

 

Arriba e abaixo non-he,

arriba e abaixo non-he,

onde se vai a laranxa

tamén se vai o limón-he.

(Muiñeira que cantaba co seu violín o cego Sr. Anselmo da Revolta de Rodeiro acompañado da súa sobriña Elvira que lle axudaba a cantar e que lle pasaba o pucho despois de cada cantiga)

Imagen

A PRINCESA DO CAUREL

A PRINCESA DO CAUREL

A princesa do Caurel,

para gardar o seu anel,

ata o pano nun cordel.

A princesa do Caurel.

 

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está o anel da princesa do Caurel?

 

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

O lume queimou o pau.

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

A auga apagou o lume.

O lume queimou o pau.

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

A cabra bebeu a auga.

A auga apagou o lume.

O lume queimou o pau.

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

A cabra pariu un chivo,

o chivo tiña o anel,

da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

 

 

 

 

 

CARMELIÑA DE CAMPELOS E FARRUQUIÑO DE ARRIBA

CARMELIÑA DE CAMPELOS E FARRUQUIÑO DE ARRIBA

Carmeliña de Campelos, 

un día de primavera,

estaba tomando a sesta,

deitada tras da palleira.

 

O Farruquiño de Arriba,

desde o cimo dunha casa,

ao ver que estaba durmindo,

foise achegando á rapaza.

 

Caladiño coma un rato,

xunto dela, se deitou,

quíxolle dar un abrazo,

pero Carmen espertou.

 

–Atrás Xan ! ou condenado !

Sei que vés adoecido!.

Inda non me abraza un grande,

pra canto máis un cativo.

 

–Sei que tes moita fachenda

porque estás apercibida.

Pois anque che son pequeno

tamén teño dereito á vida.

 

Téñoche unha gaita nova

e saíucheme moi boa,

para tocar a miña muller

o día da nosa voda.

 

Ela estaba escondida

fartándose de reir.

–Primeiro habemos durmir xuntos,

pra ver se dás bo durmir.

 

–Pois cando queiras durmimos

que eu xa estou rabeando

e xa me podes dicir

o día que hei de ir

 

–Pois logo vén o domingo,

entrarás polo balcón.

Xa entras na miña cama

dereito a aquel rincón.

 

Entrou Xan polo balcón,

contento e emocionado,

foi dar á cama da vella

que tiña cento e un anos.

 

Encendeu unha cerilla,

pasoulle as mans pola cara,

dixo : – A esta non me arrimo

que está moi engurripada.

 

Deitouse Xan a modiño,

a vella sen despertar,

a vella ronca que ronca

nunca lle puido falar.

 

Cando a vella despertou,

viu aquel home na cama,

botouse dela en camisa,

polos veciños chamaba.

 

O Xan notouse apurado,

tirouse polo balcón,

antes que viñera a xente,

e o tratase de ladrón.

(Recitada por uns mariñeiros de Fisterra o 18 de Febreiro do 1982)

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

A CAIDA DE MANUEL PONTE (Romance de cego)

A CAIDA DE MANUEL PONTE (Romance de cego)

Presten atención a un caso,

que causou rabia e delor-he,

a Manuel Ponte Pedreira,

matarono a traicion-he.

 

El veintiuno de Abril-he,

cosa que nadie contaba,

houbo un combate en Fontao,

que grande delor causaba.

 

Estaba en casa sejuro,

xunto con seus compañeiros

pero redes de facistas

copan eiras e palleiros.

 

A las seis de la mañana,

siendo noche todavía,

se preparan al momento,

para zascar de sejida.

 

Comenzado o tiroteo,

Ponte non ve mais saída,

tirarse fora da casa,

se quere salva-la vida.

 

Sabe que veñen por el-he,

e que lla teñen xurada,

por ser leal a República,

e de ideas avanzadas.

 

Botouse fora dun chimpo,

e correndo en descuberto,

recibe un tiro nun brazo,

xa na Fraja da Ribeira.

 

Xa o teñen localizado,

e saben que está ferido,

sejenlle o rastro de sanjre,

coma cans adoecidos.

 

Para poder librarse deles,

deixa parte do armamento,

e raese polo rejato,

poñendo terra por medio.

 

Como todo o mundo sabe,

Manuel Ponte era valente,

a na última ajonía,

carja o seu fusil cos dentes.

 

Onda o rejato da vila,

pola curva da Furoca,

de Fontao a Fontemouro,

a veira dunha cañota.

 

Coa roupa chea de sangue,

bermella é a súa bandeira,

coa vida que se lle escapa

e a cara color da cera.

 

Alí o atopan os facistas,

sicarios da rebelion-he,

dándolle morte o momento,

con saña e sin compasion-he.

 

Simpatizantes i enlaces,

despertan sobresaltados,

e bótanse ós camiños,

coa intención de avisalo.

 

Botan man de pipos foxos,

e aljo que topen na ieira,

O cabo de media hora

Abellán parce unhafeira.

 

A las diez de la mañana,

hubo sus declaraciones,

a los hombres mas valientes,

se le arrojan los cojones.

 

Non hai nada que facere,

hai que renderse á evidencia,

Ponte morreu, mais con el-he,

non se acaba a resistencia.

 

Caeu Ponte no Fontao-he,

na parroquia de Abellan-he,

a compañía do morto,

vai berrando libertade.

 

(Tal como mo escribiu o cantor Sr. Anselmo Sendín da Arzua o 16 de Xaneiro do 78)

 

          Manuel Ponte Pedreira, coñecido co sobrenome de Xastre, nacido no Fontao (Frades) en 1911 e finado en 1947, foi un guerrilleiro galego. Detido ao inicio da Guerra Civil española, permaneceu en prisión ata 1943 no cárcere da Coruña, na súa estancia alí ingresou no Partido Comunista de España.

           En 1945 incorporouse á guerrilla comunista.  En xuño de 1946 ao morrer Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer) accedeu á xefatura da IV Agrupación guerrilleira, relanzando a súa actividade co aumento das accións guerrilleiras. Por mor dunha delación, a Garda Civil cercouno con varios dos seus homes na súa aldea natal o 21 de abril de 1947 e morreu no enfrontamento.