ODA Ó MEU GATO

ODA O MEU GATO

Ao sol que mais quenta,
e o corpo conforta,
enriba da porta,
está meu gatiño.
Xa pode un ratiño,
neste mesmo instante,
pasarlle por diante,
e lamberlle o fuciño.
Que o gato durmido,
non vai a pillalo.
Amais non e malo,
e está ben mantido

11203668_10204283420785800_1500895462420375206_o

 

POR SEMPRE. MIÑA NAI

POR SEMPRE. MIÑA NAI

Chegaba o amencer dun novo día,
cando se apagou a túa luz agonizante,
deixándonos en nubes de tristura,
co teu rostro reflexado en cada bagoa,
pra deitarte, e alumear dende unha estrela,
e ser así… no ceo, a mais brilante.

Seguirás os nosos pasos dende o infindo,
alumeándolle o camiño ós nosos fillos,
vixiante nesas noites mais sombrízas,
dos invernos da mais crua realidade,
e guiaralos no teu leito tantos anos,
como fixeches con nós, nos xá vividos.

Miraremos pra túa luz dende as congostras,
que de cativos, andivemos no teu berce.
Viviremos coas lembranzas que nos deixas,
misturadas cos ensinos que nos deches,
adormiñados no teu peito tantas noites,
como fai calquera fillo que se prece.

Deixaremos de vivirte pra soñarte,
e así, terte connosco para sempre.

                              Pontevedra; 22 de Novembro do 2015.

1484072_10204536466551786_5163968310488362764_o

 

ROMANCE DE MANUELIÑO E MARIQUIÑA

ROMANCE DE MANUELIÑO E MARIQUIÑA

Manueliño era unha landra,

mariquiña unha avelá,

e cairon o chao xuntos,

un dia pola mañá.

 

A saltiños Manueliño,

e dando brincos Mariquiña,

chegaron ún onda á outra,

pra facerse compañía.

 

Achegouse unha o outro,

e tanto tanto se achegaron,

que o chegar a primavera,

os dous xuntos xermolaron.

 

Manueliño medrou moito

e Mariquiña a súa veira,

Manueliño foi carballo

e Mariquiña unha aveleira.

(Pras miñas fillas Aldara e Nerea)

Imagen

Imagen

NA CIMA DO PENEDO

NA CIMA DO PENEDO

Dende alí tocaba o ceo.

Dende aquel penedo enorme

no medio do Castelo.

 

Cantas lembranzas de neno,

cantos xogos de cativo,

polo día as agachadas

pola noite as escondidas.

 

Alí pasei moitas horas,

coa miña xente e cos amigos,

o carón daquel palleiro

que se facía de herba seca,

e no que durmían os cás

nas noites de duro inverno,

e nas xiadas mañás.

 

Volvín a respirar seu aire,

e aquel arrecendo da aldea.

E volvínme a perder na noite

ata apagarse as estrelas.

 

Escoitei o rachar da xiada baixo os pés,

e volvín a ver o fume nos tellados,

como buscaban o almorzo algúns gorrións,     

e fumegar as pedras nos balados.

 

E alá no fondo do souto,

onda os castiñeiros mais vellos,

escoitei cantar os pombos,

os alalás da miña xente

arrincando os nabos no nabal…

e o cantar dos carros,

e volvín a ver os bois e as vacas,

e as galiñas, e os cás.

 

Canta lembranza e canta vida,

labrada naquela pedra,

o carón da miña casa,

na aldea.

(O penedo. Unha enorme pena  ó carón da casa onde nacín no Castelo,

unha aldeíña da Parroquia de Cadrón en Lalín, e onde pasábamos

tantas e tantas horas os meus amigos mais eu)

España, Galicia, 1978-1982Spain, Galicia.

Esta foto do holandés Ton van Vliet que saquei do Blog AQUAM LATAM, está sacada dende a cima do penedo, do que aparece un anaco na parte inferior ezquerda da foto. A casa onde nacín é a da ezquerda, a da chimenea é a de García e a do fondo, a de Migueles

Imagen

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

MARUXA DO OUTEIRO

MARUXA DO OUTEIRO (Poesía informal)

Levanteime cedo, moi cedo aquel día,

despois de unha noite de frio e orballo,

facía un anaco que cantara o galo,

e tratei de espabilarme con auga fría.

 

E pensei no boa que estaba,

a Maruxa do Outeiro na madrugada.

 

Prendín a lareira pra quentarme un  pouco,

pois facía un frio que aterecía,

chegueime ata a fiestra pra ver o día,

e xa o sol despuntaba tras do petouto.

 

E dinme de conta, do boa que estaba

a Maruxa do Outeiro na madrugada.

 

Estaba a luz prendida na casa do lado,

e nela vivía a mais fermosa veciña,

Maruxa do Outeiro da ialma miña,

que de tanto suspiro, me tiña afogado.

 

Hai que ver o  boa que estaba,

a Maruxa do Outeiro na madrugada

 

Alí estaba ela, tal cual, como era,

coas  mans arranxando o seu longo pelo,

desnudos seus peitos, mirando pró ceo,

e eu casi tolo por mirar pra ela.

 

Que ledicia pros ollos, do boa que estaba,

a Maruxa do Outeiro na madrugada.

 

Mirando pra min botoume un sorriso,

e volvinme un cativo atopando un tesouro,

sentín de súpeto un inmenso acougo,

o pensar que despertara no paraíso.

 

Que rapaza fermosa, e o boa que estaba,

a Maruxa do Outeiro na madrugada.

(Da miña colección de poesías informais.

O poema, pode que reflexe unha situación real e pode que non.

En caso de que reflexe unha situación real, pode que a moza sexa

da miña aldea, pero tamén pode ser que non o sexa, e hasta pode ser que

a rapaza da que fala fose real, como tamén pode ser que non )

cropped-sin-tc3adtulo4.jpg

O MEU VELLO MUIÑO

O MEU VELLO MUIÑO (1.992)

O meu muíño, non moe.

Xa vai vello o meu muiño.

 

Non se lle escoita o fungar

que ó compás da auga da presa

cantaba mentras moía

o trigo, millo e centeo

co que se enchía a artesa

pra poder facer o pan.

 

No meu muíño non hai vrán,

e no inverno, dorme frio.

 

No que son os seus adentros

solo queda soedade

e  algúnha que outra lembranza

que marcou a vida miña.

Nin siquera quedan os ratos

que andaban na fariña.

 

O meu muiño xa non é,

aquel sitio que antes era.

 

E xá non ten aquel encanto

que tiña cando era novo

en  calquera dos recantos

onde se pasaba o tempo

na espera da moenda

coa que facer a fornada.

 

E xa non se escoitan os cantos

das noites de muiñada

 

Agora solo tén,

as silveiras do arredor

e catro tellas mal postas

que amenazan con caer

enterrando o esplendor

que noutros tempos tivo.

 

Dende que eu era cativo

non o volvera  ver.

 

Que magoa volver alí

e atopalo tan desfeito.

Seu corazón, a ceo aberto,

estremecéndome as entranas,

e sentindo enormes ganas

de volvelo a ver de pé.

 

O muiño atopábase no Rio das Abellas, no fondo do Prado das Chousas,

e preto da planta da luz do Sr. Natalio.

Era un muiño comunitario feito pros veciños do Castelo – Cadrón.

Tiñan colgados de un cordel na parede, uns papeis coa distribución dos

días e das horas que correspondían a cada veciño. A distribución facíase

cada certo tempo entre todos os veciños na taberna do Sr. David de Rios.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O QUERUBIN MAIS PRECIADO

O QUERUBIN MAIS PRECIADO

Que sorte e ledicia pra Deus,

poder terte ao seu lado.

Un anxo en forma de nena.

Seu querubín

mais fermoso e preciado.

 

Destiño dos nosos bicos,

a túa delicada beleza,

e os regueiros de dozura,

tan presentes na túa ausencia.

 

Que fermosa a túa paz sin odios,

que fermoso o teu silencio sin berros,

que fermoso o teu sorriso misterioso,

que fermosa a túa mirada perdida,

que fermosa toda tí.

Que fermosa a túa vida.

 

E que sorte e ledicia pra Deus

poder sentar ao seu lado,

a meniña mais fermosa,

o seu querubín mais preciado.

(Pra miña primiña Yaiza, que acaba de deixarnos)

Imagen

 

O MEU CEO (2000)

O MEU CEO  (2000)

O meu ceo é como todos,

que queredes que vos diga.

E ten noite, e tamén ten día

como todos os ceos, vaia.

A min gustame mais o meu

pola noite,

e mirar alá no fondo,

no mais fondo do horizonte,

e ver a Lúa chea,

brilante, fermosa,

có sorriso dun cativo,

e coa cara de unha nena… moi fermosa.

Con duas estrelas o seu lado,

as mais brilantes do ceo,

do meu ceo,

dese ceo

que é o mismo que o de todos,

anque o meu,

ademais,

ten unha Lúa moi fermosa…

e as dúas estrelas que mais brilan.

(Para miña muller e miñas fillas, lúa e estrelas da noite

escura que me abrazou durante un tempo.

E para todos os que están a sofrir o cancro, e que se atopan

no medio do tunel. Para que sepan que hai saída na outra veira)

 

CECILIA

CECILIA   ( Dic. 1976)

 

Foise en silencio,

como chegaba sempre,

caladiña e leda.

Co sorriso dibuxado

nos seus beizos de carmín

medio escuros,

o seu longo pelo negro,

e un brilo interminable

pintado nos seus ollos

de mirada fonda,

fermosos, eternos,

de gallego-madrileña,

que decía.

E foise,

co seu ramiño de violetas,

nunha noite cálida

de un verán inesquecible.

Cando a súa grandeza

empezaba a tomar forma,

o porvir

clarexaba ante os seus ollos,

e cando tiña tanto por vivir

por cantar, por amar,

por rir…

Que gran dama.

Dúas veces dama

desa querida España

que ama a súa voz doce,

divina,

coma a dos  anxos

cos que agora está,

e cos que canta

a súa canción de amor

inalcanzable.

E foise,

en silencio,

como era ela,

calada  e leda o mismo tempo.

Imaxe

(Cecilia, falleceu xunto co seu batería Carlos, nun accidente de tráfico na noite do dous de Agosto do 76 en Benavente, cando regresaba a Madrid despois de cantar no Nova Olimpia de Vigo. Tiña 26 anos e toda unha carreira por diante que comenzaba a estar no mais alto da música Pop española. Era unha gran amante da música galega, e moi amiga dalgúns dos que por aqueles tempos nos dedicábamos a ela. Cada vez que viña por aquí, levaba un bó puñado de discos e cassettes da nosa música. O poema escribino pouco tempo despois do seu fallecemento, no mes de Decembro dese mismo ano)

Imaxe