CECILIA

CECILIA   ( Dic. 1976)

 

Foise en silencio,

como chegaba sempre,

caladiña e leda.

Co sorriso dibuxado

nos seus beizos de carmín

medio escuros,

o seu longo pelo negro,

e un brilo interminable

pintado nos seus ollos

de mirada fonda,

fermosos, eternos,

de gallego-madrileña,

que decía.

E foise,

co seu ramiño de violetas,

nunha noite cálida

de un verán inesquecible.

Cando a súa grandeza

empezaba a tomar forma,

o porvir

clarexaba ante os seus ollos,

e cando tiña tanto por vivir

por cantar, por amar,

por rir…

Que gran dama.

Dúas veces dama

desa querida España

que ama a súa voz doce,

divina,

coma a dos  anxos

cos que agora está,

e cos que canta

a súa canción de amor

inalcanzable.

E foise,

en silencio,

como era ela,

calada  e leda o mismo tempo.

Imaxe

(Cecilia, falleceu xunto co seu batería Carlos, nun accidente de tráfico na noite do dous de Agosto do 76 en Benavente, cando regresaba a Madrid despois de cantar no Nova Olimpia de Vigo. Tiña 26 anos e toda unha carreira por diante que comenzaba a estar no mais alto da música Pop española. Era unha gran amante da música galega, e moi amiga dalgúns dos que por aqueles tempos nos dedicábamos a ela. Cada vez que viña por aquí, levaba un bó puñado de discos e cassettes da nosa música. O poema escribino pouco tempo despois do seu fallecemento, no mes de Decembro dese mismo ano)

Imaxe

Advertisements

O SEÑOR PEPE

O SEÑOR PEPE
Que gran persoa que era este home e canto o quería eu. Traballaba de acomodador no Teatro Cine Malvar de Pontevedra, pero a súa gran paixón era a artesanía da madeira e a restauración de obxectos antigos. Nas horas libres que lle deixaba o cine traballaba nunha carpintaría que había no Campillo de Santa María e noutra na Rúa Branco Porto, fronte ao Colexio das Calasancias (Carpintería Cesar, si non lembro mal). Era un auténtico artista e tiña mans de santo para traballar a madeira.
Ademais de todo isto, era un gran amante da música galega, tiña unha “cuadrilla” en Salcedo, de onde era, e coa que se xuntaba de cando en vez para cear e cantar algunha cousa como el dicía.
Él foi o encargado de coidar das miñas guitarras, e trasteóume dúas cando se facía complicado afinalas ben. O simpático de todo é que él case non sabía tocalas pero tiña un impresionante oído para a súa afinación e cando nos xuntábamos, sempre pegaba a orella á caixa e afinábamas el.
A mellor guitarra que teño (unha Alambra) e que se venceu ao pouco tempo de mercala, desfíxoa por enteiro e volveu montala aumentando case dous centimetros o fondo da caixa e conseguindo que soase moito mellor que cando veu de fábrica. Claro que o seu tempo lle levou, porque despistábaseme moito jeje., porque se non o esperaba á saída do cine, non ía directamente ao taller, e  perdíaseme polas distintas tascas da Zona Vella de Pontevedra, así que eu esperabao á saída e levabao directamente ao traballo.
En todos os concertos que eu actuaba preto de Pontevedra, aparecía en primeira fila e alí permanecia ata que remataba, e cando eu ia a xunto súa, antes de chegar ao seu lado, desaparecía como non querendo molestar. Pero eu sempre souben como atopalo, sabía as “capelas” que visitaba e entre as que eran habituais, “O Chiruca e Os Maristas” onde tomaba un viño no  seu camiño  cara á casa, e como non, facer un alto na “Cafetaría Mónica” na rúa Loureiro Crespo, onde eu xantaba moitas  veces.

          Nesta cafetería paraba todos os días, e os días que me atopaba alí, pedía o seu viño Rioja “Carta de Plata” sentábase ao meu lado e o saúdo era sempre a mesma cantiga:
                    Eu xa o vín, eu xa o vin
                    eu xa vin, o niño dás pejas,
                    i ei dir a durmir con elas,
                    queridiña se me deixas.
é sempre tiña algún conto que contarme, sobre todo do meu Pai, que facía xa anos que me faltaba, e ao que él ceñecera moi bén.

          Na Cafetería Monica, tiña uns cuantos amigos cos que me xuntaba para cantar algo os sábados pola noite, e él non faltaba nunca, alí estaba sempre cantando con nós. Vaia voz mais fermosa que tiña, e cantaba moi baixiño porque decía que non quería molestar ós novos, que eran mais sabios.
Moitas grazas por todo Sr. Pepe, e sobre todo por aturarme tantos anos e por quererme tanto como sei que vostede me quería. Por iso o botei tanto de menos cando me faltou.
          Unha aperta, amigo.

Imaxe

O MEU AMIGO ANTON DE MEAÑO

Que ledicia atoparme días atrás con él, e conpartir un par de cafés.

E non deixou que convidase eu, porque recén cumplidos os 80 anos, dí que xa non ten polo que aforrar, pois non ten netos, e a única filla coa que convive na Urbanización de Monteporreiro – Pontevedra, arranxase soa e non necesita dos seus cartos. A única necesidade que tiña según dí, era mercar un “Chalet” no Cemiterio de Meaño pra descansar o carón da súa Dona de tanto traballo o traveso da súa longa vida, e xa o ten pagado jejeje. Que gran home. Canto temos que aprender dos nosos vellos.

É  aparellador xubilado, toda a súa vida traballou de aparellador, dende que tiña catorce anos e o seu Pai o levou o mar pra axudarlle nas labouras do barco, pois na casa había nove bocas que manter e él era o mais vello. Sempre dixo que era aparellador porque durante corenta anos foi o encargado de manter en condicións os aparellos dos barcos “Laberca I e Laberca II”  dedicados a pesca da Sardiña e con  base en Portonovo jaaaaaaa… aparellador, deciallo a calquera que lle preguntara polo seu oficio.

 Gran amante da música galega sempre aparecía nos concertos de Fuxan os Ventos, sempre se achegaba a min e me decía “Lalín, hoxe terás algo para min ¿ou? “ E sempre lle tiña algún casette con que agasaialo porque él casi non tiña tempo de mercalos. No seu Renault 11 gris plata, tiña o asento do lado do chofre, cheo de cassettes de música galega misturados con alguns de rancheiras e outros de Manolo Escobar.

Facía uns dez anos que non o vía, pero sentín unha gran ledicia compartir con él hora e media de leria e na que falamos de todo. Agora ten un gran disgusto porque dí que lle van pechar a Sucursal de CaixaNova en Monteporreiro que é onde ten os seus cartiños.

“Lalín… van pechar a Sucursal de CaixaNova en Monteporreiro, así que primeiro quedamonos sin aforros e agora quedarémonos sin Caixa tamén”. Son as súas palabras textuais. É un dos afectados polas preferentes,  24.000 euros do seu suor.

Moitas grazas Antón, por chamarme (eu casi non o coñecía) cando me crucei contigo na Praza da Ferrería, e moitas grazas por esa hora e media que me dedicaches do teu tempo que sigue a ter un gran valor. Si ese Deus no que crees existe de verdade, pidolle que te manteña moitos anos con esa alegría que tés.

Unha aperta.