O LAPIZ DO CARPINTEIRO
En certa ocasión, unha muller foi o seu xinecólogo/dermatólogo de costume, por un lunar que lle apareceu na pel.
– Moi bos días.
– Ola, moi bos días señor doutor.
– E logo que lle trae por aquí?
– E que saíume un lunar moi grande e negro nunha ingle, mesmo ó lado da raíña, e quería que mo sacara, porque afeame moito.
– A ver? Deixemo ver?
– Mire, doutor…
– Carafios!! É ben grande e ben negro. Voulle dar unha crema para que o embadurne ben con ella dúas veces ó día, unha pola mañá e outra pola noite. Penso que lle vai pasar, así que á volta dun mes volva por aquí, e miramos os resultados.
E así foi, a muller, volveu pra casa, fixo o que lle mandou o doutor, e volveu á consulta un mes despois.
– Moi bos días, que como lle foi coa crema?
– Mire doutor. Ó que lle botei a crema, desapareceu, pero agora apareceume outro igual do outro lado.
– Ostrás! Que cousa mais estrana e rara. Nada, voulle sacar unhas escamiñas coa pinza, e mandámolas analizar, pra saber se é benigno ou maligno, e bótelle a crema a este tamén. En canto veñan os análisis, xa a chamo.
E así foi. O cabo duns días, o doutor, chamou á muller para que fora a súa consulta, e en canto chegou:
– Moi bos días, doutor. Que resultaros saíron da analise?
– Vamos a ver, mulleriña. O seu home de que traballa?
– Ai! O meu home elle carpinteiro.
– Pois fagame o favor, e díagalle da miña parte, que antes de poñerse coa faena, saque o lapiz da orella. Xa mirará como non lle volven a aparecer mais lunares!!!

Jajaja 😂.. y en videito como antes? Non da o si?