A MIÑA PRIMEIRA BICICLETA!!!


A MIÑA PRIMEIRA BICICLETA!!!
     Pois non sei os anos que tería eu, pero contando que daquelas facíase o bacharelato ós nove anos, e viñen de Lalín para facelo en Pontevedra, pois tería ises anos ou un par deles mais cando o meu pai mercoume a miña primeira bicicleta.
     Mercouma nun comercio que había na Rúa Juaquín Costa de Pontevedra, na parte de atrás do asilo. Chamábase “BICICLETAS CORTEGOSO”
     Pois ben. Naquel comercio ademais de mercala era onde a arranxabamos os rapaces que viviamos pola contorna. Así que como a cadea rachaba moitas veces, eran moitas as visitas que lle faciamos ó señor Cortegoso.
    Andando o tempo, penso que despois dos meus 17 ou 18 anos, non volvín a ver mais ó señor Cortegoso, así que van alá pois non sei, arredor de 45 anos.
     Pero vai ti ver, que o sábado pasado, atopábame na taberna de Pepe do Marco, tomando un viño cuns amigos, e pasou un señor por diante miña, e comenteille ós compañeiros:
     – Ostrás, como se parece ese señor ó que tiña as bicicletas Cortegoso.
     – Pois trátase da mesma persoa. Comentoume un deles.
Bufff. Sentín unha enorme ledicia.
     Fun onda él, presenteime, e comenteille o detalle. Vostede vendeume a miña primeira bicicleta.
  E él, cousa lóxica, non se lembraba de min, pero si do meu pai, e estivemos latricando un bo rato sobre as bicicletas e os rapaces daquel tempo.
     Foi unha auténtica ledicia falar con el. Un home moi afable, e que me agradeceu un montón que lle falara destas cousas.
Moitas grazas, Señor Cortegoso!!
     Vostede, amais de ser agora un amigo, sempre será o home que me vendeu a miña primeira bicicleta.
    Unha aperta enorme para vostede e para os seus!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s