ODA Ó AMIGO JULIO E Ó SEU CAN.
Teño un amigo gaiteiro,
alá na rúa das Pereiras,
que toca a gaita que nin diola,
nas distintas festas e feiras.
Hai que ver o que disfruto,
cada vez que nos xuntamos,
coas cousas que falamos,
e cos contos que recluto.
Fai uns días operouse,
do rodamento da cadeira,
que co vello, cando andaba,
semellaba unha peneira.
E achegueime a súa casa,
pra facerlle unha visita,
pois mandeille unha mensaxe,
pra pedirlle previa cita.
Recibiume o meu amigo,
arrimado a unhas muletas,
e dixo: Imos pra cociña,
que alí teño unhas banquetas.
Asentín coa cabeza,
e alá nos fomos sentar,
xa que a él, convalecente,
faille falta repousar.
O malo é que ten un can,
que a traizón… sen avisar!
Enriba dos meus zapatos
ocurréuselle mexar.
Pero o Julio compensoume,
cun par de cuncas de viño,
facendo que me esquecera,
da mexada do canciño.
Logo fritíu uns chourizos,
e comémolos con pan,
acompañados dúns contiños,
e dos ladridos do can.
O probe debía ter fame,
ou estaba antoxadizo,
pois non fixo mais ca oubear,
co arrecendo dos chourizos.
E alí botei a mañán,
conto vai e conto ven,
bebendo viño e comendo,
nos chourizos da sartén.
Pois nada mais, meus amigos,
xa está o conto contado.
Visitareino de novo,
se ten ó can ben atado.
E ti, meu querido amigo…
moitas grazas, compañeiro!
Coidateme moito… moito,
que a saúde é o primeiro.
——————————(Pepe: 31.1.2022)
Dedicado ó meu amigo Julio González Álvarez, pola visitiña que lle fixen a semán pasada, e polas atencións que sempre ten para conmigo.

Jajaja, xa sabes o que tes que facer cando volvas xunto ao Julito, leva botas de joma, é si tal o can mentras mexa…que as coma.
Xa merquei un traxe de buzo jaaa.