ODA Ó AMIGO CANABAL.
Alá arriba en Forcarei,
teño un amigo gaiteiro,
que ó escoitar o ben que toca,
fai que me quite o sombreiro.
Tanto entona un alalá,
como toca unha muiñeira,
e envexa lle da ós da Roda,
cando canta a Rianxeira.
Un gran tipo é este tipo,
e ademais un bo chaval,
chamado Pepe de nome,
e de apellido, Canabal.
Polo medio da semana,
xa que somos amiguiños
imos ó Pepe do Marco,
a celebralo cuns viños.
E o domingo en vez da misa,
imos dar ata Marcón,
xa que a tasca do Emiliáno,
é a nosa gran devoción.
E hai alí unha pulpeira,
que seica é do Carballiño,
que nos pica unhas racións,
que regamos cun bo viño.
E entre un grolo e outro grolo,
e entre tallada e tallada,
renovamos a amizade,
coas dúas maus apretadas.

________________________________
De: Entre O Castelo e Muimenta
Enviado: jueves, 20 de enero de 2022 9:13
Para: victorpbaltar_1@hotmail.com
Asunto: [Artigo novo] ODA Ó AMIGO CANABAL.
joseiglesiasfernandez posted: “ODA Ó AMIGO CANABAL. Alá arriba en Forcarei,teño un amigo gaiteiro,que ó escoitar o ben que toca,fai que me quite o sombreiro. Tanto entona un alalá,como toca unha muiñeira,e envexa lle da ós da Roda,cando canta a Rianxeira. Un gran tipo é este tipo,e ade”