ODA Ó MEU AMIGO OLEGARIO. 


ODA Ó MEU AMIGO OLEGARIO. 
Tranquiliño que eu estaba,
en moi boa señardade,
cando alá, dende Beade,
recibín unha chamada.

Era o amigo Olegario,
pra convidarme a un cocido,
pra xunto con outros amigos,
celebrar o aniversario.

Como a todas estas farras,
non se pode decir non,
pra amenizar a ocasión,
levei a miña guitarra.

E alá collemos camiño,
un tal Canabal e mais eu,
sentados no coche seu,
e os dous moi contentiños.

En Beade xa esperaban,
Carlos, Suso e mais Andrés,
picando nuns tentempés,
mentras uns viños cataban.

Foi un fermoso serán!!
Papándolle un bo cocido,
regado cun mellor viño,
e tartas pra rematar.

E como non hai sobremesa,
sen botarlle unhas cantatas,
entre copas e cubatas,
ata foi a Marsellesa.

Moitas grazas Olegario,
por sacar pra ocasión,
a garrafa do sitróm,
e os licores do armario.

Moita sorte, que a mereces,
e que cumplas moitos mais,
nós estivemos moi formais,
e ti, cumpliches con creces.

 

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s