SAN VICENTE DE PARADA (Ponte Caldelas) . Nestes días, por fotos postas polo concello, e por algún dos veciños da parroquia de Parada, mirei que se limpou o entorno da capeliña do San Vicente de Parada. . E ven esto a conto, porque xa fai tempo e dando unha volta por alí, atopei un “sartego” debaixo dun valado formando parte dil. . Ten a tapa partida como se o deixaran para facer o valado por un lado e como bebedoiro pras vacas polo outro. Penso que non sería pra beber as persoas, porque como somos os galegos, non creo que quixera beber alguén onde estivo enterrada unha persoa. . Seguramente, ese “sartego” estivo dentro da Capela e sacouse por algún motivo. Así como tamén un monolito de pedra labrada de un metro e medio de altura, que se atopa nos lindes dun dos prados que circundan a capeliña. . Pero o que é aínda mais chamativo é, que as pedras que conforman o valado, son redondeadas e típicas dos castros, polo que de seguro, preto da capeliña, hai algún castro de onde viñeron. . O concello, debería, catalogar esto, limpalo e señalizalo.