ODA Ó MEU AMIGO MANU RIZABÉ
Os que temos bos amigos,
dos que se din de verdade,
convídante á súa casa,
todos cheos de bondade.
Danche patacas e grelos,
péxegos, mazás e peras.
e ata che dan uns oviños,
prás tortilliñas das ceas.
E cando chega o Outono,
cheo de noces e figos,
o primeiriño que fan,
é chamar polos amigos.
Danche unhas noces con mel,
e sinalando as figueiras,
poñen a escada dicindo…
Podes coller os que queiras!
Graciñas, amigo Manu,
por esta tarde de farra…
Chama por min cando queiras,
que vou, e levo a guitarra!
