SAN VICENTE DE PARADA (Ponte Caldelas)

SAN VICENTE DE PARADA (Ponte Caldelas)
     Nestes días, por fotos postas polo concello, e por algún dos veciños da parroquia de Parada, mirei que se limpou o entorno da capeliña do San Vicente de Parada.
     E ven esto a conto, porque xa fai tempo e dando unha volta por alí, atopei un “sartego” debaixo dun valado formando parte dil.
     Ten a tapa partida como se o deixaran para facer o valado por un lado e como bebedoiro pras vacas polo outro. Penso que non sería pra beber as persoas, porque como somos os galegos, non creo que quixera beber alguén onde estivo enterrada unha persoa. 
     Seguramente, ese “sartego” estivo dentro da Capela e sacouse por algún motivo. Así como tamén un monolito de pedra labrada de un metro e medio de altura, que se atopa nos lindes dun dos prados que circundan a capeliña.
     Pero o que é aínda mais chamativo é, que as pedras que conforman o valado, son redondeadas e típicas dos castros, polo que de seguro, preto da capeliña, hai algún castro de onde viñeron.
.       O concello, debería, catalogar esto, limpalo e señalizalo.

UNHA MESA PRÓS PAXAROS…

UNHA MESA PRÓS PAXAROS…
.       Nos tempos nos que se derrochachon os cartos a maus cheas, e que supuxeron unhas comisións moi abondosas, que encheron os bolsillos dos políticos locais dos concellos, fíxose esta enorme mesa na carballeira da Crespa en Lalín, feita polo escultor pontevedrés Cesar Portela.
     Non sei a medida que terá, pero penso que andará polos corenta metros de longa, por tres ou catro de ancha. A mesa é de pedra, e está totalmente rodeada de bancos tamén de pedra.
     Ós poucos días de inaugurarse, eu estiven nela cantando na presentación do poemario dun amigo, e pouco tempo despois pola noite, entrado o outono, en un magosto xunto cuns amigos.
     Prometía ser unha mesa moi boa, para estas cousas, cantar, parolar, presentar libros, facer ceas…
Pois ben. Non sei moi ben por qué, a mesa desmontouse fai uns quince anos, e dende a carballeira da Crespa, foi dar ó souto do Rodo.
.       E alí esta…” vendo pasar o tempo, como a porta de Alcala”
     Cada vez que paso por alí, vou ata ela, e sempre está toda porca, chea de follas e totalmente descoidada.
     Pero si hai xuntanza nela… a última vez que estiven alí, catro pegas e un par de melros, daban un fermoso concerto pelexanto por un manxar, que non soupen de que era.
     Nas fotos, os seus dous asentamentos… na Crespa e no Rodo.

IN MEMORIAM: MARÍA OTERO CASAS

IN MEMORIAM: MARÍA OTERO CASAS
  Van alá dúas ou tres décadas de cando un día cantando nas festas de Santa María de Sacos, chamou a miña atención un monumento funerario que hai onda a entrada da igrexa, dedicado a María Otero Casas, que fora mestra na parroquia, e unha estrofa a modo de dedicatoria, coa seguinte inscripción:
                    “LINDERO ENTRE DOS MUNDOS
                    SOLO UNA LOSA NOS SEPARA
                    TU DUERMES EN UNO SIN VIDA
                    YO EN OTRO TE VELO SIN ALMA”
  Preguntando sobre este monumento, ensinaronme uns cuantos mais espallados pola aldea de “Vila de Riba” dedicados tamén a esta muller, e contáronme unha historia de amor.
  O que fora compañeiro dela, para amosarlle o seu amor, e cando esta finou, dedicoulle todos estes monumentos, e ata fixo unha casa semellando á que vivian en Pontevedra.
  En todos puxo tamén un reloxo coa hora na que finou : Ás 10 da mañá.
  Fai uns días, volvinme lembrar desta fermosa historia, e achegueime outra vez á Vila de Riba, para ver como estaban aqueles monumentos que tanto chamaran a miña atención. E alí seguen, anque as inscripcións xa están algo borrosas e os monumentos en total abandono. A historia tan fermosa, perdurará nos tempos.
  Tamén se conserva a a casa na que viviron algún tempo, con un monumento feito en ferro imitando a unha torre, e rematado en punta de flecha e que preguntando, non me souperon dicir moi ben o seu siñificado.

CARRABOUXOS

COQUELOS, COCAS, CARRABOUXOS, BUGALLOS, MAZACOUCAS, BAILARETES, CACHOLOS, MINCHOS, MAZÁS DO CUCO, PARINOLAS, PANDAROTES, CARACOIS…
,     Anque semellan ser froito do carballo xunto coas landras, nono son.
Son unha maneira que ten o carballo de defenderse contra os parásitos e a mosca asociada a él.
   Todos teñen no seu interior un ovo cunha larva pequechiña branca, que cando se convirte en mosca, sae ó traveso dun pequeno buraquiño que fai.

ODA Ó MEU AMIGO MANU RIZABÉ

ODA Ó MEU AMIGO MANU RIZABÉ

Os que temos bos amigos,
dos que se din de verdade,
convídante á súa casa,
todos cheos de bondade.

Danche patacas e grelos,
péxegos, mazás e peras.
e ata che dan uns oviños,
prás tortilliñas das ceas.

E cando chega o Outono,
cheo de noces e figos,
o primeiriño que fan,
é chamar polos amigos.

Danche unhas noces con mel,
e sinalando as figueiras,
poñen a escada dicindo…
Podes coller os que queiras!

Graciñas, amigo Manu,
por esta tarde de farra…
Chama por min cando queiras,
que vou, e levo a guitarra!