ODA Ó SAN LOURENZO DE MUIMENTA

ODA Ó SAN LOURENZO DE MUIMENTA

¡San Lourenzo de Muimenta!
Hoxe veñoche rezar,
pra que busques unha moza,
coa que me poida casar,
pois teño a cama valeira,
e a roupa sen lavar.

E non mo podes negar,
que és meu Santo queridiño,
ou deixarás de ser Lourenzo,
e serás San Lourenciño.
…..
Nota do autor:
Que si, que xa sei que é unha cantiga machista e que pode ferir sentimentos.
O poemiña escribino a finais dos 70, nos meus outros tempos e na miña outra cultura.
Amais, a tradición oral é a tracición oral, e a retranca é herdanza dos meus vellos.
Que se a escribiría hoxe? Pois non sei… ao mellor non, pero ao mellor si. O que si é seguro, que tampouco vou renegar dela.

FALANDO DAS OLIMPIADAS

FALANDO DAS OLIMPIADAS
     Acabo de mirar a final feminina dos 100 mts. lisos. Buahhhh… vaia pasada!!! Estas mulleres, igual cos homes da mesma proba, non parecen humáns… mais ben gacelas, ou algo parecido!!
.       O estilismo mirandoas correr a cámara lenta, é impresionante… figuras de Sargadelos, cando Sargadelos era Sargadelos e non agora que Sargadelos, xa non étal… non sei se me entendedes!
..      Anque perdeu a miña favorita Fraser-Prycer, benvida a raíña da velocidade Elaine Thompson. Total, todo queda na casa, as tres melladas para tres xamaicanas.
..      Non puiden mirar a final en directo, e fastidioume saber os resultados antes de mirala.
..      Hoxe é a final dos homes. Espero non perderma tamén. Anque xa non estará Usain Bolt, de seguro vai aparecer outro que o iguale, ou que o supere… anque pra min, Usaín é moito Usaín.
..      E xa pra rematar, que son moito horas de ir pra cama… estas do atletismo, son as verdadeiras olimpiadas.
..      Ata o de agora, todo era palla!!
..      As medallas de ouro, non todas valen igual.
..      Unha cousa é a medalla de ouro de Fraser-Prycer, e outra moi distinta, é a medalla de ouro do campión de golf, tiro con escopeta, equitación, ou calquera dises deportes dos que solo se lembra a prensa agora, e que nos seguíntes catro anos, nin siquera saben que existen.
..      É que a min dame a risa cando dín que un tipo de pe, cunha escopeta na mau, visera, gafas, e unhas ollereillas postas pra non quedar xordo, pegándolle tiros a uns platos, é un deportista! Anda que cando sexa deporte o dominó, ou a subasta da catro, voume rir eu da medalla douro de Fraser-Prycer.
..      E as que houbera gañado a miña nai á brisca de seis, que sempre querìa levar ela o xogo… Bufff!!
..      Pois nada mais por hoxe dende Tokio. Seguiremos informando!!