NO CONCELLO DA LAMA


NO CONCELLO DA LAMA
Achegueime á Lama pola primavera,
pra ver pola noite a lúa brilar,
mirar as estrelas dende o alto do Seixo,
e na serra do Cando, a noite pasar.

E na mañanciña, ó romper o día,
baixarei ó río que atravesa o lugar,
e irei a Liñares pra ver a fervenza,
onde o río Xesta, parece brincar.

Pasarei por Xende, ver o Santo Cristo,
e dende as Ermidas podrei disfrutar,
das fermosas vistas do Suído e do Cando,
e do río Verdugo, camiño do mar.

E alá nos mais altos montes do concello,
deixareime levar nun remanso de paz,
por entre os carballos da Ermida dos Prados,
disfrutando dos soños de cando rapaz.

Non me irei da Lama sen ir ó Pelete,
con unha botella e unha cunca na man,
e sentado á sombra do vello carballo,
brindarei polas xentes deste lugar.
……………….
Levo algún tempo indo ós ensaios e tocando co grupo “Catro Ventos” no concello da Lama. Un concello moi fermoso, ó que vou dende fai xa moitos anos.
Antes facíao polos amigos que teño alí, pola miña afición á pesca que me levaba ata Carrizáns, e porque sempre me gustou tomar unha cervexa na de Daniel, un lugar a carón do rio Verdugo, que podería pasar por ser o paraíso do que fala a Biblia.
Agora fagoo, entre outras cousas, pola música.
Destacan deste concello, as súas romarías e lugares enxebres diños de visitar, pero sobre todo, o carballo cinco-centenario do Pelete, coñecido coma “O carballo do viño”, e a súa romaría.
Xa solo o seu asentamento ós pes do monte do Seixo, e coa serra do Cando como abrigo, é unha auténtica beleza, que me fai lembrar á miña aldea natal do Castelo en Lalín, ó pe da Cima da Costa.
Todo esto, levoume fai uns meses, a facerlle un poema, musicalo, e convertilo nunha especie de himno.
O poema, saco á luz hoxe, porque quero metelo entre as poesías do meu blogue.
A cantiga, vai no meu vindeiro disco que sairá a finais de ano, pero seguramente estreareina iste verán, xunto cos meus compañeiros da banda, e alguns convidados mais, que a ben seguro me acompañarán ese día.
Espero que lle guste, alo menos, as xentes do lugar, xa que o fixen dende o corazón e inspirándome no cariño que lle teño a esa fermosa terra e á súa xente.
O poemiña, anque o titulo “No concello da Lama” a cantiga, seguramente se titulará doutro xeito
Unha aperta para toda a xente do lugar, e para todos vós.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s