UNHA MULLER CALQUERA DA MIÑA ALDEA!!

UNHA MULLER CALQUERA DA MIÑA ALDEA!!

Vexoa cangada e co sacho na mau. Vestida de negro, quizais viuva de vivo como escribíu Rosalía.

O seu corpo cangado, parece o dun fouciño, curvo si, pero duro… de ferro!

A ben seguro cás súas maus, están encallecidas e enrugadas pola calor e a friaxe.

Ca sabiduría de saber moi ben o que está facendo.

Traballa duro, herdanza da súa nai, da súa avoa…

Traballa para ter na casa un anaco de pan que levare á boca, ela, os seus fillos… quizáis tamén os seus pais.

Canto tempo levará na leira así? cangada e sachando no millo.

Érguese… estarrica os brazos… palpa nos cadrís como querendo poñerse direita.

Frego os ollos e sinto a ledicia compartida do seu traballo ben feito, e da satisfación de ver á muller, que rematando a súa labor, disponse a marchar pra casa.

Pero non sen antes achegarse ó valado, onde hai un feixe de herba pro gando, e que cortara antes de coller o sacho e porse a sachar no millo.

Cángase, bota ó lombo o feille, colle o sacho e o fouciño nunha mau, mentras ca outra agarra o feixe para que non caia, e colle camiño… cangada, co seu corpo curveado coma se fose o fouciño… pero duro… de ferro!

Apura o paso. Está saíndo o sol por detrás do outeiro e vai apretar duro.. pasan coches con xente cara o seu traballo, cando ela xa leva parte do seu diario rematado.

A ben seguro que nono sabe, pero hoxe é o seu día, un día coma calquera… outro dos 365 días que ten o ano!

Sego camiño pensando nela, e na cantiguiña “Muller” de Fuxan os Ventos: