MIRADOR DAS ESTRELAS (Faro de Avión)

MIRADOR DAS ESTRELAS (Faro de Avión)

..      Impresionantes as vistas niste lugar, ó que empezan a estragar multitude de aeroxeradores, pra desgraza distes montes e da fauna que convive niles.
..      Nin as vacas se achegan a el polo medo que lle teñen, xa que o ruído que fan, é infernal. Isto no inverno, ten que ser un inferno para todos eles.
..      Os nosos políticos, non respectan nada, Solo lles importa encher os petos, anque sexa a costa de entregar e estragar a Nosa Terra. E nós, non sabemos defender o noso.
..      Como sempre pasou niste País… a merda pra nós e o carto para IBERDROLA, ENDESA E NATURGY.
..      Non temos remedio.
..      Deixarémoslle ós nosos fillos e netos, un país cheo de merda (perdoando, pero vai ser así por desgraza)

AS CAIXAS DOS PUROS!

AS CAIXAS DOS PUROS! 

..      Ata non fai moito, cando as fotos eran un anaquiño de papel, feitas coa xente que mais se quería, e mirábanse cando calquera dos amigos ou da familia viña ata casa, gardábanse nas caixas dos puros con uns grauciños de arroz pra que non se humedeceran.

..      Que boas aquelas tardes, cando despois do café, os nosos pais traían prá cociña as caixiñas dos puros, nas que gardaban con todo o amor do mundo as nosas fotos sacadas no cole, as da primeira comunión, as do domingo de Ramos estreando o pantalón curto, calcetíns ata os xeonllos, e os zapatiños de charol que non volvías poñer ata o día da festa. As fotos dos nosos avós, e do resto da familia, as das xuntanzas cos veciños debullando no millo…

..      Agora, fanse tantas fotos que xa non se lles da tanto valor, e gárdanse en PCs e Pendrives, e a meirande parte delas, xa non se volven mirar nunca.

..      Agora que xa non fan tal función, ás caixas dos puros, atopóuselles outra maneira de reciclalas, por exemplo… poisss… pra facer un Triple Canario!!

..      Unha aperta.

 

O NACEMENTO DO RÍO TEA.

O NACEMENTO DO RÍO TEA.

..      Nace nos montes mais altos da provincia de Pontevedra, entre a Serra do Suído e o Faro de Avión, e serpentea polos concellos de O Covelo, Mondariz, Ponteareas, e xunta co miño en Salvaterra.

..      A fonte que lle da a vida, xermola nunha pociña chea de auga limpa e crara, entre matogueiras, e achegada a unha pista feita prós eólicos. Está sinalada cun monolito coa inscripción “Nacemento do río Tea – Prado”

..      Preto dél, está o mirador do Castelo do Faro de Avíon. o monte mais alto da provincia, con 1151 mts.

..      Entre as matogueiras, hai unhas cuantas fochancas, que o axudan a dar os seus primeiros pasos como río.

..      Grazas a que aínda non hai alcolitros nuns cuantos Km. darredor do nacemento, a auga é moi abundande nístes paraxes, e aínda nistes días, miranse os penedos escurrindo auga. Algo impensable mais abaixo, onde se están plantando alcolitros a eito.

..      A auga, ise ben tan apreciable e indispensable pra vida, e que en Galicia, o pais de tan preciado líquido, estamos estragando, sen que nos importe nada o futuro dos nosos fillos e netos.

..      Manda o carto… pero o carto, non se come nin se bebe!

UNHA MULLER CALQUERA DA MIÑA ALDEA!!

UNHA MULLER CALQUERA DA MIÑA ALDEA!!

Vexoa cangada e co sacho na mau. Vestida de negro, quizais viuva de vivo como escribíu Rosalía.

O seu corpo cangado, parece o dun fouciño, curvo si, pero duro… de ferro!

A ben seguro cás súas maus, están encallecidas e enrugadas pola calor e a friaxe.

Ca sabiduría de saber moi ben o que está facendo.

Traballa duro, herdanza da súa nai, da súa avoa…

Traballa para ter na casa un anaco de pan que levare á boca, ela, os seus fillos… quizáis tamén os seus pais.

Canto tempo levará na leira así? cangada e sachando no millo.

Érguese… estarrica os brazos… palpa nos cadrís como querendo poñerse direita.

Frego os ollos e sinto a ledicia compartida do seu traballo ben feito, e da satisfación de ver á muller, que rematando a súa labor, disponse a marchar pra casa.

Pero non sen antes achegarse ó valado, onde hai un feixe de herba pro gando, e que cortara antes de coller o sacho e porse a sachar no millo.

Cángase, bota ó lombo o feille, colle o sacho e o fouciño nunha mau, mentras ca outra agarra o feixe para que non caia, e colle camiño… cangada, co seu corpo curveado coma se fose o fouciño… pero duro… de ferro!

Apura o paso. Está saíndo o sol por detrás do outeiro e vai apretar duro.. pasan coches con xente cara o seu traballo, cando ela xa leva parte do seu diario rematado.

A ben seguro que nono sabe, pero hoxe é o seu día, un día coma calquera… outro dos 365 días que ten o ano!

Sego camiño pensando nela, e na cantiguiña “Muller” de Fuxan os Ventos:

A MAL TEMPO, BOA CARA…

A MAL TEMPO, BOA CARA…
Carballeiriña sombreada,
onde o sol non me achicharra,
a esta carballeiriña,
viñen tocar a guitarra.

Viñen tocar a guitarra,
ailalelo, ailalala,
e trouxen para o almorzo,
un anaco d’empanada.

Un anaco d’empanada,
ailalelo, ailalalo
xunto cun xerro de viño,
e licor café do Ghalo*

* O Ghalo, é un señor de Maside, que fai un Licor Café que sabe que mete medo!!