POIS NON VOU SER EU QUEN DEFENDA A PABLO HASÉL!!!
… En primeiro lugar: Porque non me gusta o Rap. Coma un bo galego que son e do que presumo, prefiro unha regueifa ben botada.
… En segundo: Porque nunca escoitara falar dil como músico ata istes dias, e non por mor da súa música, senón polos problemas políticos e penais que ten.
… En terceiro: Porque nunca escoitei unha cantiga súa, e penso que nunca a vou escoitar polo que dixen no apartado un. Así coma él, nunca vai escoitar unha miña, porque supóñome que non lle gusta a música galega, e moito menos a miña.
… En Cuarto: Coincido con él no do Rei, pero non nas amenazas de morte, e moito menos nas frases machistas das suas cantigas, frases que coñezo, porque se poñen nistes días no face, e me parecen mais propias dun xénero musical machista como é o Reggaeton. Outra música. por certo, que non cabe no meu gusto musical.
… En quinto: Porque estase comparando a cadea dél, coa que sofríu Suso Vaamonde no seu día.
… Non, mire… Eran outros tempos moi distintos ós de agora, e por outra banda, Suso no que cantaba, falaba dél mesmo e non se refería a ninguén mais: “…se España é miña nai, eu son un fillo de Puta”.
… Xa moito antes, Rosalía escribira: “Probe Galicia non debes, chamarte nunca española”
… Suso, entre os milleiros de persoas que lle escoitaron cantar esta estrofa, solo molestou a un militar “cabeza quente” que pasaba pola Ferrería naquiles intres, e a ben seguro, cun par de viños de mais.
… Así que, calquera parecido entre Suso e Hasél, é pura coincidencia.
… E en sexto lugar: Porque miren… pra min a liberdade de expresión, é outra cousa. E non me vou espallar aquí falando das miñas ideas, nin explicalo.
… E dito todo isto… que agora veña a señora Ayuso facendo de crítica musical, e dicindo textualmente: “Pablo Hasél tiene menos arte, que cualquiera en un karaoke con dos cubatas” pareceme moi indecente, e cando menos, e sendo mais fino, unha chorrada.
… Solo lle faltou dicilo a ritmo de chotis.
… E digo isto, porque seguro, que lle pasa como a min… nunca escoitara antes, nin escoitou agora, unha cantiga de Hasél!!
… Pero aínda ten mais pecado, que ande dicindo estas chorradas, meténdose en camisas de once varas, e levando adoquíns onda os amigos, como se das tablas da lei de Moises se tratase, cando volve ter á comunidade que goberna, á cabeza das comunidades en niveis de Covid.
… Esta muller, é mestra no desvio de atención!!
… E seguro que o que dixo, dixoo, porque ela, andivo de karaokes con dous cubatas de mais, e sabe o que di por experiencia, cousa que me partece moi ben, xa que cada un, fai da súa vida o que quere.
… Pero oia!! Ocúpese dos seus problemas e dos da súa comunidade que son ben gordos, e deixese de facer de crítica musical.
.. E se quere, que é a súa obriga, denuncie a violencia das súas rúas, pero con sentidiño. Porque anque fora a consecuencia de… O tal Pablo Hasél, non estaba entre os que arrincaron os adoquíns.
… Pois ata aquí cheguei!
…. Ista é a miña opinión, e cada un a súa sen ofender os mais.
… Que teñades bo dia.
