O SEGURO DE ACCIDENTES LABORAIS
Nistes dias pasados, durante o temporal Filomena, estaban tres operarios nun andamio a 30 metros de altura poñendo ladrillos.
Un diles, sinte a necesidade de botar unha mexada. Así que baixa do andamio e vai facer a súa necesidade. Nises intres, unha enorme ventoleira, dalle a volta ó andamio. Caen os dous operarios que estaban nél, e morren.
Xa pola noite, o afortunado operario que salvou a vida de milagre, está xunto coa súa dona no tanatorio onda os cadaleitos dos seus compañeiros, chorando amargamente e lamentando a súa perda.
Niso que entra un señor no velorio, diríxese as dúas viuvas, e sacando dous papeis dunha carteira, dilles:
– Señoras. Acompañoas no sentimento, ó mesmo tempo que lles fago entrega a cada unha de vostedes, dun cheque por importe de 300.000€ previsto polo seguro da empresa de siniestros.
A dona do amigo inconsolable, mira pra el e dille:
– E o señorito mexando!!!
