PRA BELÉN IMO-LOS TRES: PEPE, JULIO E ANDRÉS


PRA BELÉN IMO-LOS TRES: PEPE, JULIO E ANDRÉS

Camiño imos hacia Belén,
que anda o meniño a chorar,
imos cantarlle pra adormiñalo,
e que deixe de berrar.

Para cambiarlle os pañais,
levamos ó amigo Andrés,
que dalle xeito a cambialos,
do dereito e do revés.

Ten moita maña pro asunto,
xa que de nenos, ten tres,
e xa limpou tantos cus,
que non lle causan estrés.

Camiño imos hacia Belén…

Tamén vai Julio, ”O Jedellas”
que lle fixo un biberón,
e mentras o neno chupa,
vaille toca-lo acordeón.

Fíxollo con chiculate,
e cun cuartillo de leite,
e pra escorrentalle o frio,
unhas pingas de augardente.

Camiño imos hacia Belén…

Eu levo dende Lalín,
para facer ó camiño,
unhas lescas de xamón,
e unhas cunquiñas de viño.

E pro xantar do meniño,
uns greliños con lacón,
e uns chouriciños ó viño,
que seica é un neno lambón.

Camiño imos hacia Belén…

– Panxoliña dedicada ós meus amigos Julio González Álvarez, e Andrés Lorenzo Castro, que andan sempre ó meu rabo decindome… “Quéeee, a ver cando nos dedicas unha cantiguiña pra convidarte a unhas cervexas”

Pois dito e feito!! 

 

 

Vista previa(abrir nunha nova pestana)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s