O FOXO DO LOBO DE PARAÑOS ( Cotobade)

     O FOXO DO LOBO DE PARAÑOS (Cotobade)

      Os foxos, son unhas trampas fixas, que se facían para cazar e dar morte ós lobos. Facíanse con uns valados en forma de embudo que podían chegar a medir mais dun Quilómetro, e remataban nun pozo fondo. Facíanse de pedras, anque coñezo un par deles feitos con estacas espetadas no chau e con terra encostada achegada a elas pola parte de fora do embudo.

      Neste caso, está feito con cachotes, e moitos deles, pola súa feitura, parecen sacados dun castro. Tanto os arredores do foxo, coma o monte onde está, non son pedregosos, o que fai pensar que as levaron ata alí en carros ou outros medios de transporte.

     A caza, consistía en facer cuadrillas de varias aldeas e sair pola noite facendo moito barullo, ladrando os cans, ir petando latas con paus e berrar seguido. Eu, aínda me lembro de cativo, cando na casa, chegada a noite, dician que “iban correr o lobo”

      Esto facía que o lobo, se vira acorralado pouco a pouco. Ibase levando cara o foxo, onde remataba meténdose no embudo no que se facían unhas porteliñas nos balados para que tivera por onde entrar. Según do lado que se acosaba ó lobo, deixábanse abertas as do lado por onde viña, e pechábanse as do outro lado, para que non atopara saída.

      Tan pronto se sabía que estaba dentro, facíase por levalo cara o pozo, onde caía e xa non tiña ningunha saída.

      O que non sei, é como facían para matalo. Se coas escopetas, ou a pedradas. En algún caso, teño escoitado que seica se espetaban no chau do pozo unhas estacas afiadas, para que o lobo morrera na caída, ó espetarse nelas.

      Os foxos mais fondos, como é o deste caso, ten unha porta pola que seguramente sacaban ó lobo despois de morto. Diante, hai unha lousa fendida en dous anacos, que podería facer de porta, anque tampouco é seguro, xa que é unha suposición miña.

      Este foxo, é un pouco dificil de atopar ó estar sen señalización algunha, anque hai un cartaz ilustrativo preto dél. Non está señalizado na estrada, e non hai ningún carreiro orientativo.

      É dos mais grandes que coñezo. Saqueime unha foto ó lado do pozo, para que vos fagades unha idea do tamaño que ten.

VALONGO (Cerdedo-Cotobade)

VALONGO (Cerdedo-Cotobade)

IGREXA, REITORAL, E ADRO.
      A igrexa do Santo André, barroca, data de comenzos do século XVIII.
      No conxunto arquitectónico, destaca a chimenea da reitoral dunha impresionante lareira, xa abandoada, como tantos e tantos bens que ten a igrexa espallados por Galicia en diante.
      Parece ser que o edificio da reitoral, foi construído coas pedras dun pazo.
Dende o adro, hai unhas fermosas vistas de todo o val de Valongo.

 

A MIÑA COLECCIÓN FILATÉLI

A MIÑA COLECCIÓN FILATÉLICA.

        Teño unha colección de selos de Correos, que entre novos e usados pode ter arredor dunhas 25.000 pezas.

        A colección, empezouna o meu pai alá polos comenzos dos anos cincoenta, e a partires do ano 1974, seguina eu.

        Dende o ano 1952, ata o ano 2005, están todos os selos emitidos por correos, tanto mataselados coma novos. Amais ten moitas series soltas emitidas entre os anos 1850 (ano do primeiro sello en España) e o 1952.

        Meu pai, iba recortando das cartas todos os sellos que xuntaba el mesmo, e pedíndollos ós amigos e compañeiros, e pasaba todos os meses por un estanco, onde lle gardaban todos os que saían novos.

        Os usados, tiñaos en caixas dos puros, e os novos, pegabaos en libretas, con un anaquiño de cinta adhesiva de doble cara que se mercaba para ese fin.

        A partires do ano 74, e aconsellado por Paco Martinez, filatelista da librería Luís Martinez en Pontevedra, dediqueime a clasificalos en albumes axeitados, e suscribinme a Correos, de onde me mandaban cada tres meses, todos os sellos que se iban emitindo.

        No ano 2005, abandonei a colección, porque Correos, convertíu a Filatelia nun negocio.

        Os selos, xa non cumplian co seu cometido que era timbrar cartas, xa que estas, estaban desaparecendo ante novos medios de conversa como o Email e outras novas tecnoloxías. Amais, empezáronse a emitir rollos de ATMs (estampillas) ás que unha máquina lles imprimia o valor postal.

        O selo, convertíuse nun negocio, xa que daquelas, eramos moitos os filatelistas no país, e emitían selos co único obxetivo de encher as súas arcas, e saían sellos e series, con un valor desmesurado que nalgún caso chegaba a seis euros a peza, e que ó cabo do ano, todolos emitidos, podían chegar a costar entre 70 e 100 Euros.

        Así que decicín abandonala, e visitar mercadillos de selos para ir conseguindo dos emitidos antes do ano 1952,

        A colección é unha gozada mirala de vez en cando, xa que amais do colorido que teñen os sellos, marcan a historia do país. E anque os selos atópanse ben conservados en filostuches, convén airealos cada certo tempo. Amais téñolle un especial cariño, porque aparte do valor que ten, garda moitas horas de traballlo, e moitas noites de enredos para ordenar e clasificar todo.

        A cantiguiña fíxena, pensando nos intres que pasaba asubiando mentras ordenaba todo. Anos atrás, gustábame moito facelo cando estaba entretido, anque a miña nai decíame que  un melro afónico asubiaba mellor ca min.

        Os selos que aparecen no video, son algúns que  poño para amosar algo da colección, escollín algúns dos emitidos con temática galega.

        Hoxe penso, que ó matasellarse as cartas mecánicamente e as postais vir valor postal serigrafiado, xa non aparecen novos filatélicos, e os que quedamos, somos os que tiñamos a afición tempos atrás. Nos tempos da escola e instituto, casi todos os rapaces coleccionabamos dos usados, e cambiabamos os repetidos coma se de cromos se tratase.

 

O HORREO DA MIÑA CASA NATAL DO CASTELO (Laín)

O HORREO DA MIÑA CASA NATAL DO CASTELO (Lalín)

        Que magoa miralo así, desfeito. E non so este, senón que a meirande parte dos que se atopan nas nosas aldeas, están no mesto estado.

        Foron a despensa da casa ata non fai tantos anos… fonte de vida!!

        Este, era de dúas casas. Os dous claros dde diante eran da miña, e os datrás eran dos da casa de Amador. Como Jesús de Amador e a miña nai eran curmaus, supóñome (anque nono sei) que antes, perteñecería a unha soa familia e dividíuse por herdanza.

        O cuarto e quinto esteos teñen os tornarratos xuntos, polo que supoño que o quinto anaco da cámara, foi engadido despois de estar feito o horreo principal.

        Nel, e na parte do fondo, gardábanse ben aliñadas e asentadas as espigas de millo. E na parte de diante, os sacos coas fabas e cascallos, cestos con mazás, ristras de cebolas e allos, etc.

        Ó horreo, subíase dende un cepo grande que estaba no chao, e lembro que a chave da porta, era daquelas que pesaban medio ferrado, e que facían moito ruído o darlle a volta para abrila. Tanto era así, cas galiñas que andaban devaneando polo alto dunhas enormes penas que coñecemos coma o penedo, ó escoitar o son da chave abrindo a porta, viñan voando, pois sabían que había millo pra comer.

        Teño pasado moitas tardes dentro del, xunto co meu tío Camilo e o meu curmau Luís debullando no millo, e mais, cando era para levalo ó muíño para facer a fornada. Eles debullaban contra un carozo, pero a min, gustabame sentarme enriba dunha fouce e debullar contra o mango.

        O horreo, xa leva moitos anos niste estado, pero as vivencias que encerra, non desaparecerán nunca. Canto mais se vai desfacendo o noso patrimonio material, mais gusta lembrarse del.

        Unha magoa.

 

O VIDEO-ANUNCIO DO GADIS!

O VIDEO-ANUNCIO DO GADIS!

        Menos vivamos coma galegos, e mais productos galegos, que os que teñen nas súas estanterías cóntanse cos dedos dunha mau.

        E índa por riba, todos etiquetados en castelán!!

        Os galegos, somos, e vivimos como galegos, durante todo o ano, e non só na campaña publicitaria súa do Nadal.

        Que xa se me están parecendo ós da Coz de Galicia e ós da Farola de Vigo, que solo se lembran de que existe Galicia e o galego o 17 de Maio,

        Aprendan do Eroski, que etiqueta nas catro linguas do estado!!

        Que o seu video solo val, pra ocultar a hipocresía empresarial!!

        Miren, se en verdade queren vivir coma galegos, menos lagrimiñas polo Covid, e mais axudar á población mentras dure esto, con bonos, baixando prezos, e facendo ofertas especiais Covid, sobre todo en productos básicos coma o pan e o leite, ou regalar unha unidade por cada 10 ou 20 euros de consumo, que tampouco estaría nada mal, e non van morrer pobres por facelo. Que son vostedes unha industria privilegiada xunto cos bancos, frente a todos os que teñen que pechar os seus negocios, empezando polos hosteleiros, que lles dan a vostedes media vida en compras.

        E xa pra rematar… Poñan as rotulacións, etiquetados e folletos tamén en galego.

        Así, creereinos. Mentras, a min non me compran cun video deste tipo!!          Que hai cantidade de videos ben fermosos sobre galicia e os galegos que non levan a publicidade encuberta.

        O video? Pois o video, pro meu gusto, está ben pra botar unhas bagoas coma nas pelis tráxico-amorosas…anque eu, remataríao cuns responsos de Rouco Varela, pra darlle mais credibilidade.

        Pois ala, veña, xa desafoguei. Que teñades bo día, a ser bós, e non vos perder polas congostras.

        Ah!! E mercade productos galegos e etiquetados en galego. A poder ser, nas tendas de barrio.

        Unha aperta pra todos

ANGEL ESTÉVEZ CASAL

ANGEL ESTÉVEZ CASAL

        Fai hoxe dous anos, que D. Angel, presentou o seu poemario “A casa que me mora” no museo Torres na vila de Marín.

        Alí estivo, acompañado dos seus veciños e amigos, contando uns contos dises que solo os nosos vellos saben contar, e léndolles uns poemas do seu recén estreado libro.

        Un amigo común, Josean Pazos, pedírame uns días antes, se podía musicar un dos poemas para cantarllo na presentación do libro, cousa que fixen sen pensalo duas veces, xa que o poemario, estaba dedicado ás nosas aldeíñas, e entre todolos poemas, había un que me encantou xa a primeira vez que o lin: “O Lugar”

        O poemiña está dedicado a súa aldeíña, pero tan ben descrita, que podía ser reflexo de calquera das nosas.

        Botei mau do piano, en nun par de días, tiña a cantiguiña feita. Con tan mala sorte, que o día da presentación, eu cantaba xunto a uns amigos en Quiroga, e se chegaba a Marín, iba ser a cousa moi xusta, como a sí foi. Cheguei coma quen di, os postres, pero previndo o que podía pasar, uns días antes, grabara a cantiga nos estudios do amigo Juan José en Campelo, para poñela no museo durante o acto.

        Anque bueno, non me preocupou moito, porque días despois, o poemario, íbase presentar tamén en Bueu, Cangas e Moaña, e nesas vilas, si que lla cantaría.

        Pero a vida, nunca é coma un pensa, e Don Angel, que por aqueles días, xa non andaba moi ben, e a súa saúde nono deixaba vivir como debía, deixounos pouco tempo despois, sen tempo a mais nada.

        Mariñeiro de toda a vida, Don Angel, nos intres de lecer, tanto no barco coma en terra, dedicouse a escribir poemiñas, que era a súa gran paixón. Tiña unha boa colección, e unha neta súa, foi a encargada de poñer orden nos seus papeis, e editar un manoxiño deles, que son os que forman este libriño.

        Lembro aquel día con moitísima ledicia, porque anque cheguei case ó remate, deume tempo a escoltar, como Don Angel, para despedir o acto, cantou xunto cos seus veciños algunha das cantiguiñas que cantaban de pequenos polas corredoiras e congostras da aldea, e para min, non hai cousa mais fermosa que escoltar cantar ós nosos vellos. Eso si, caladiño, para escoltar o ben que o fan,e aprendendo deles ó mesmo tempo, porque ninguén canta a nosa música tradicional como eles o fan.

        Don Angel Estévez Casal foise, pero o seu libriño, o seu recordo e a súa cantiga, adormiñan na miña casa.

BOTOAS TANTO DE MENOS…!

BÓTOAS TANTO DE MENOS…

       Dende o confinamento do mes de Marzo, as veces que se contan cos dedos dunha mau… e sen tempo pra nada!!

      E boto moito de menos o cafeciño na Agolada, e a cerveciña na Ponte Vilariño, e uns grolos dauga na fonte de Souto no Castelo. E o que mais, latricar un pouquichiño, coa familia, e cos amigos e veciños!!

      Canto se botan de menos os paseos polas devesas e soutos, polas corredoiras e fragas, e polas congostras e camiños do carro da aldea. Apañar nas castañas pra asalas no lume da lareira nunha lata grande das do pemento asentada no trespés, e coller pan de sapo pra fritilo na tixola.

      E subir á Cima da Costa onde as vistas, dende o Candán ata o Farelo, pasando polo Carrio, son impresionantes, amais, coa miña aldeína natal do Castelo ós pes.

      Lembro aquelas mañás frias de inverno, cando fumegaban as tellas co fume da lareira, e as pedras dos valados, co sol desfacéndolles a xiada.

      E as galiñas pola eira, e os gorrións buscando os graos perdidos entre as pedras.

      E a primeira hora da mañá, co canado do leite na porta das cortes, esperando polo Reino de Cadrón, leiteiro que a recollía nos bidóns que cargaba nas súas mulas camiño de Cancelas. E despois do almorzó, e cos pes quentiños nos zocos, cunha cama de herba seca e cuns bos calcetíns de lá, ir coas vacas po prado xunto co meu curmau José Luís, ata que pasaba o coche de liña do medio día, que era o que nos marcaba a hora da volta pra casa.

      E as tardes de lecer moceando pola estrada, ou pasando o rato na taberna do señor David, na de Souto na Ponte, ou andando (ida e volta) ata Agolada os sábados pra ir o baile. E ó volver ás tantas da noite, pegar uns berros ben fortes, pra que ladraran os cas todos da aldea, e que despertaran ós veciños.

      Lembrome dos meus anos de escola en Muimenta e Goias. A miña mestra Dona Placidia, e os meus mestres Don Licho e outro mais do que sinto non acordarme do nome.

      E lembro ós meus amigos daquelas… Benigno, Manolo e Luís de Ríos, Pepe da Casanova, o meu curmáu Luís, Manolo de Souto, Pepe e Luís de Amador, José Antonio de Miguelez…

      As miñas tres aldeas…