AS LUCES DO NADAL.


AS LUCES DO NADAL.

        Pois vou discrepar un pouquiño se vos parece, pra levarvos a contraria ós que dicides que coa que está caíndo, as luces do Nadal están de mais, e que deberían dárselle os cartos do seu costo ós necesitados. Que xa postos, non sei por qué ten que ser iste ano e non os outros, cando iste ano, son mais necesarias, alo menos, para alegrarnos un pouco a vida.

        Vaia por diante, que sei como están de valeiros os bancos de alimentos, agravados porque iste ano os músicos que participabamos nos chamados “festivais do quilo”, nonos poidemos facer, e niles, xuntábanse miles e miles de quilos de alimentos non perecedeiros.

        Bueno, pois non concordo con vós…

        En primeiro lugar, porque estádeslle estragando o traballo, a xente que vive deso. E falo das empresas que as alquilan e montan e que lles supón o maior ingreso do ano..

        Pero o que pra min é mais importante. Como lle vamos sacar a ilusión do Nadal ós cativos? Que coa que está caíndo, son dos que peor o pasan, pechados nas casas e sen poder ir os parques ou xogar cos amigos.

        Teño unha netiña de seis anos, e xa fai algúns días que ibamos os dous no coche, e tan pronto mirou as luces postas nunha rúa, empezou a dar brincos e berros de ledica… avó, avó, xa vai vir a Navidade. E empezou a cantar esa que di que como beben los peces en el río.

Sinto, pero non quero estragarlle esa ilusión á miña netiña.

        O problema dos necesitados, concordo que é gordo… e moi gordo! Pero nono imos solucionar non poñendo as luces polo Nadal.

        Pero podemos solucionalo un pouquiño doutro xeito.

        Cos cartos do que custa unha cervexa, mercamos un quilo de arroz e outro de lentellas, e levámolos a un centro de recolleita de alimentos. Se o facemos todos, veredes como facemos mais que non poñendo as luces do Nadal.

        Non fagamos como o Papa ese que ten fama de falar moito, pero que non da nada… que unha cousa e falar, e outra moi distinta é dar trigo.

        Ala, veña. Unha aperta pra todos, que teñades bo día, a ser bos, e non vos perder polas congostras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s