REGULACIÓN DO TRABALLO NA CASA!!!


REGULACIÓN DO TRABALLO NA CASA!!!
,,,   Parece que ó remate desta pandemia, aumentarán os traballos dende a casa entre un 20 e un 30 por cen. O que necesita unha regulación, xa, e sen esperar mais!
…   Porque é de supoñer, que a esta xente, terán, antes que nada, que aumentarlle o soldo, xa que pra empresa vai ser un aforro, e para o traballador conlevará un gasto mais….   E estou pensando mais ca nada no consumo de enerxía.
…   Lembro como se fixeron as grandes fortunas textís, esas que hoxe presumen de iates e donativos. E lembroas porque vivín como se fixeron, xa que son de Lalín, bisbarra da que saíron as mais grandes casas de moda do país, se esceptuamos un par delas
E sei como empezaron a facer as fortunas todos estes grandes modistos que presumen da fortuna que teñen, a base de explotar a miles e miles de mulleres do noso rural e dos pobos pequenos.
…   Lembro ringleiras de coches diante dos galpóns onde empezaban a traballar e “labrar” as fortunas, esperando por pantalóns e chaquetas para zurcir e coser na casa.
Miles de mulleres, traballaban na súa casa día e noine por unha miseria de “donativos” por peza que zurcían.
…   Nin cotizaban por elas, nin figuraban como traballadoras, nin cobraban por horas traballadas ou extras. Aproveitáronse delas, por unha miseria.
…   Lembro a miña nai pedaleando seguido dias e noites, e mais días e mais noites, tanto, que ata parece que teño aínda o son da máquina de coser metido nas orellas.
…   E fodeu a vista e queixábase seguido da columna por estar tantas horas cangada na máquina sen compensación ningunha.
…   E aínda por riba, eramos os fillos e fillas, os que tiñamos que poñer o coche ou a moto para ir a buscar e levar as pezas de roupa que cosían as nosas nais, á fábrica, sen que ninguén nos dira unha peseta para gasolina.
…   Así se fixeron as grandes fortunas textís nos últimos cincoenta anos.
…   Todo o que fixeron foi a base de traballos clandestinos. E así que fixeron as fortunas, fórense a fabricar a países terceiromundistas para seguir explotando a cativos e non tan cativos e abaratar soldos.
…   E cando na crise pasada, algúns diles fundiron, recibiron unhas boas axudas da Xunta para tentar recuperarse, anque logo ises cartos, foron para montar fábricas fora, ou para mercar grandes pazos.
…   E a estas mulleres, non se lles pode dar un soldo mínimo vital, porque logo veñen os sabiondos e imbéciles de turno, dicindo que non se lle deña unha paga ós vagos… que traballen!!!
   Cada vez que escoito falar de que Echenique contratou unha enfermeira ilegalmente, e que non cotizaba por ela, veñenseme a memoria os grandes modistos multimillonarios de esclavas que non tiñan a pel negra e que non recollian algodón nos campos, pero eran sometidas á misma esclavitude ca elas… pero na súa propia casa!!!
…   Os que acusan a Echenique, son os mesmos que defenden ós outros… paradoxas da vida.
…   Pois para min, e como decía o meu pan… tanto ten, Xan coma Perillán!!!
Así que, para rematar, esperemos que o traballo na casa sexa regularizado axiña, porque aos domicilios particulares, non van a ir, pois…. os inspectores de traballo por poñer solo un exemplo.
…   Veña, bos días para todos, a ser bos, e non vos perder polas congostras, que vaia mañán de inverno que apareceu en Pontevedra

sin-tc3adtulo3

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s