QUERERÁN QUE NOS VOLVAMOS TOLOS?


QUERERÁN QUE NOS VOLVAMOS TOLOS?
……  Cada vez, entendo menos isto do virus da corona.
……  As opinións dos entendidos na materia (non dos faceólogos e twitologos) cambian asegún se o aire sopra de Marín ou de Lerez.
……  Un médico epidemiólogo, defendía na TVE o uso das luvas, porque era unha maneira de ter protexidas as maus do virus, e que bastaba con chegar a casa e desinfectalas ou lavalas antes de sacalas para estar libre de contaxio. O mesmo dicia das mascarillas, que era unha maneira de defendernos do contaxio dos mais, e de que os mais estiveran defendidos de nós.
…… Media hora despois, noutra cadea, me parece que en Antena3, unha doctora en non sei que cousa (sinto non saber de que era) era contraria ó uso das luvas, porque decía que a xente, o sentirse mais protexida, nun supermecado, por exemplo, tocaba mais cousas, e o sentirse mais segura, era mais facil que collera pois por exemplo, o móvil cando soa. E despois iba tocar as chaves do coche, o volante, etc. as bolsas, o portal da entrada do edificio, os botóns do ascensor… e fixo un experimento en directo, baixo unha luz ultravioleta de cómo funciona o contaxio.
……  Ela recomendaba lavalas maus se era posible facelo, ou andar cun frasco de desinfectante no bolsillo e usalo cada vez que fose posible, cando se saia distes sitios pechados e onde hai moita xente.
……  Sobre a mascarilla, decía o mesmo, era mais de gardar a distancia que de usala, e razonaba decindo que en canto suban as temperaturas, a mascarilla vai ser casi insoportable tela posta, e que vai provocar moito suor, o que faría imposible non levar as maus a ela varias veces durante as saídas.
……  E agora para rematar, Feijoo dinos que é un excelente dato que solo un de cada cen galegos, estiveran en contacto co virus. Vese que hai eleccións á volta doutra rolda de cervexas.
……  Bueno, pois según o instituto epidemiolóxico que fixo o estudio, o cinco por cento nacional, e unha cantidade moi baixa, porque quere decir que solo unha infima parte da población está inmune, ou o que é o mesmo, en Galicia, de cada 100 persoas, noventa e nove, están en perigro de contaxio. Así que, ou atopan logo unha vacina, ou ímos a pasar todo inverno que ven, pechados.
……  Así que, se vos digo a verdade, un xa non sabe que pensar… se nonos pecharon antes, malo. Se nos pecharon tarde, peror. Se nos soltan pronto, malo. Se nonos soltan, protestamos. Se saen os nenos, malo, pero se saen os vellos, peor. Se poñemos mascarilla, bo pero malo, se usamos as luvas, malo pero bo. Se nos contaxiamos, malo, se non nos contaxiamos peor. Se non abren os negocios, malo pero se abren peor porque nos contaxiamos.
……  E xa postos e para rematar… quen carallo me mandaría a min mirar onte a TV. Levo uns anos que non vexo a TVGayoso & Rober, pero visto lo visto, ó mellor, volvo. Igual resulta mellor o humor burdo e zafio, que escoltar ós científicos.
……  O do título QUERERÁN QUE NOS VOLVAMOS TOLOS? é porque xa me supoño que ecoitástedes á Garda Civil de Tráfico… din que despois de tanto tempo pechados, que nos volvemos rebeldes e agresivos. Bueno, pois a ver se son un pouco comprensivos e me volven un par de puntiños do carnet que quédanme poucos. 
……  Apertas para todos, e que tañades un bo día, ou non. E non vos perder polas congostras, ou si, que anda o virus solto. E en caso de que vos perdades, facedeo con mascarilla e lubas… ou non!!

20200510_082826

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s