AÍ VEN O MAIO


AÍ VEN O MAIO

AÍ VEN O MAIO DE FLORES CUBERTO …
Esta, é unha estrofa popular, coa que se lle daba a benvida ó mes mais florido do ano, utilizada tamén por Rosalía e Ramón Cabanillas.

PUXÉRONSE Á PORTA CANTÁNDOME OS NENOS…
Os nenos do lugar, eran os que iban cantando de porta en porta cun maio, que se facía (varía según o lugar) nunha taboa espetada nun pau e toda cuberta de frores e fiuncho.

E OS PUCHOS FURADOS PARA MIN ESTENDENDO…
Ó rematar de cantar, os nenos pasábanlle un pucho ó ointe para recibir os agasaios polos seus cantos. Ó decir “puchos furados” da a entender, que os nenos eran probes.

PEDÍRONME CROCAS DOS MEUS CASTIÑEIROS…
As “crocas” son as castañas secas no canizo, teñen outros nomes según a bisbarrra. Polo Deza tamén se coñecen como “cascallos” ou “Castañas pilongas” e cando chegaba o mes de Maio, aínda quedaban castañas das recolleitas no ano anterior.

PASADE, RAPACIÑOS, CALADOS E QUEDOS…
O oínte pídelle ós rapaces que entren na casa.

QUE O QUE É POLO DE HOXE QUE DARVOS NON TEÑO…
Anque non ten nada que darlles de comer

EU SONVOS O PROBE DO POBO GALEGO…
Porque é o pobo galego que está pobre

PARA MIN NON HAI MAIO, PARA MIN SEMPRE É INVERNO!
Refírese a que está probe durante todo o ano.

CANDO EU ME ATOPAR DE DONOS LEBERTO…
Cando se libere dos explotadores e dos señores do pobo (Señores da casa grande)

E O PAN NON MO QUITEN TRABUCOS E
PRÉSTEMOS…
E cando os frutos das súas colleitas non llos quiten os empeños e os préstamos dos bancos.

E COMO OS DO ABADE FLOREZAN MEUS EIDOS…
Cando as súas hortas señan ricas en colleitas coma as dos curas e as da igrexa en xeral.

CHEGADO HABERÁ ENTONCES O MAIO QUE EU QUERO.
Entón si será primavera para el e para o pobo galego, sen impostor, cregos e señores.

QEREDES CASTAÑAS DOS MEUS CASTIÑEIROS…
Dille os nenos, que se queren o agasaio das castañas.

CANTÁDEME UN NAIO SEN BRUXAS NIN DEMOS
Que lle canten un maio que non conteña supersticións… un maio diferente

UN MAIO SEN SEGAS, USURAS NIN PREITOS…
Un maio sen ter que ir a Castela á sega, sen préstamos e sen preitos ca xustiza.

SEN QUINTAS NIN PORTAS, NIN FOROS, NIN CREGOS…
Sen ter que facer a MILI obligatoria (A miña interpretación persoal) sen pagar impostos por vender as colleitas, e sen ter que pagar ós señores e á igrexa por traballar a terra.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s