IR ÓS FURANCHOS É UNHA RELIXIÓN!!!


IR ÓS FURANCHOS É UNHA RELIXIÓN!!!
…   Acabo de mirar un video onde uns mozos, píden ós seus pastores que intercedan pra ter misa católica, que necesítana para limpar a súa alma… E paréceme moi ben, claro que si!
…   Eu respecto as ideas e relixións de cada quén, xa sexa Católico, Protestante, Ortodoxo, Sunita, Chiita, Budista, Theravado, Xudaista, Hinduista, Chinés, ou de Lalín.
…   Creo que todo o mundo ten direito a practicar por un igual, a relixión na que creé.
…   Pero é que eu, creo nos furanchos. Son a miña relixión.
…   Amais, istes si que existen de verdade. Non fai falta inventalos nin miralos en estampiñas ou figuriñas de barro e madeira… están aí, ó lado da casa, ou coma moito, a un par de litros de gasolina de distancia!
…   Para moitos de nós, os furanchos, son unha auténtica relixión, e veñen sendo algo así coma os nosos lugares de culto.
…   Neles acóllen o furancheiro (O noso Pastor) cos brazos abertos, coma bos feligreses que somos, e xuntos, confesamos os nosos pecados e perdonámonos os úns ós outros, así coma os furancheiros perdonan (as veces) as nosas débedas se non son de moita cuantía.
Amais, neles purificamos os nosos corpos por dentro e bendicímolos por fora.
…   O viño tinto, ben sendo o noso sangue. E o Branco, pois eso… os glóbulos da mesma cor.
…   E os furanchos, si que son milagreiros… bufff, se eu vos contara… teño mirado algún feligrés chegar con cara de difunto, ou como se o mataran de morte ben morrida, e a media hora de recollemento, bailar enriba da mesa coma se lle estivera dando o demo co rabo.
…   E a música cultural-relixiosa que temos? Eso si que é unha auténtica gozada… empezamos facendo “gorgoritos” coa cunca na mau, e despois de repetir tres ou catro cuncas, rematamos con uns cantos gregorianos miudiños fermosísimos.
…   E no imposto da renda, tería que haber unha casilla, que marcaríamos cunha equix para subvencionalos coma os coles dos curas, e así, baixar o prezo da cunca vinte ou trinta centimos.
…   Pois eso, meus queridos amigos, como diría Felix R. De la Fuente, falando dos paxaros. Que non estou en contra de que cada quen reclame o culto que cultiva. Agora, eso si, o mesmo trato para todos por un igual.
…   Temos todos o mesmo direito nas nosas creenzas, según esa cousa tan rara de usar e tirar, e que cada ún interpreta da maneira que mellor lle convén, e cando mellor lle conven, que lle chaman Constitución.
…   Así que se abren lugares sagrados como as Igrexas e Mezquitas, ou Templos Mormóns, Budistas, Hinduistas ou Maias, pois que abran os furanchos tamén.
…   É de lei!!!
…   Dixen…

IMG-20191129-WA0000

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s