FALTOS DE SAÚDE DEMOCRÁTICA


FALTOS DE SAÚDE DEMOCRÁTICA
……. Despois de ollar un resumo do debate de onte no congreso, e mirando como se tiran à cara os mortos uns ós outros, ata sinto vergoña allea, e o asco mais repugnante que poido sentir por todos iles.
……. Imos a menos!!
……. Neste país, imos a menos democráticamente falando.
……. É increíble que os líderes dos partidos, non se poñan dacordo para nada, e menos para xuntar as súas forzas pola situación tan grave que estamos a pasar, e o único que fan é criticarse mutuamente, e a ver cal diles di as burradas mais grandes.
……. E tanto teñen uns coma outros. Mesmo asemellan bandas rueiras. Solo lles faltan os bates de béisbol, as cadeas e as navallas nas maus. E o peor de todo é que todos estes valores negativos, estanllos a transmitir á población, coma se doutro coronavirus se tratase, e así vemos nas redes, as burradas mais grandes que te podes botar na cara.
……. E vou poñer un ejemplo do contaxio que producen istes indeseables. O de o médico epidemiólogo Fernando Simón.
……. Resulta que iste home, licenciado en mediciña e especializado en epidemioloxía na “Escola de higiene e mediciña tropical de Londres” e que exerceu como director dos centros de investigación de enfermedades producidas por diversos virus en Mozambique e Burundi, está considerado coma un dos epidemiologos mais importantes do mundo, por organizacións coma a OMS ou o Centro Europeo pra Prevención e Control de Enfermedades.
……. Pois ben. Este señor, foi insultado ata límites insospeitados polos simpatizantes e representantes do PP. E palabras coma inútil, mata vellos, ou roxo de merda, aparecian en cantidade de mensaxes nas redes e nos comentarios dos artigos de prensa.
……. Claro. O que non sabían, é que foi Rajoi no ano 2012, quen o nomeou Director do Centro de Coordinación de alertas e emergencias do Ministerio de Sanidade. E o mellor de todo é que foi tamén o portavoz, cando a epidemia do Évola.
……. Claro que daquelas, eran os do PSOE quenes o poñían a caldo e o trataban de inútil botándolle os mesmos insultos que lle din agora.
……. Esto vai a menos. E a democracia, cada vez, é menos democracia, e os pactos entre os partidos actuais son impensables. O que digo no título… os políticos que temos, están faltos de saúde e cultura democrática.
……. E para rematar, vou contar unha cousa, que fala moi ben da diferncia dos políticos dos anos oitenta a os de agora.
……. Eu son un gran mante da radio. Teñoa prendida moitas horas durante o día, e fai xa uns cuantos anos, habia nas tardes dos mércores na “Ventana da SER” unha tertulia de políticos “Tertulia de sabios” que eu non me perdía nunca. E os contertulios que estaban, entre outros que xa non lembro, eran Gregorio Peces Barba, Herrero de Miñón e Ernest Lluch, este último, asesiñado por ETA, nos tempos en que se facía a tertúlia que presentaba a xornalista Gemma Nierga. Lenbro a Gemma que anque chorando seguido, fixo o programa inteiro co resto de contertulios o mesmo día ou ó seguinte de que o asesiñaron.
……. Pois ben. Nunha desas tertulias, Herrero de Miñón que me parece que era o portavoz de AP naqueles tempos, contou unha anécdota de Ruiz Gallardón, pai do que foi despois alcalde de Madrid.
……. Resulta que cando se facian as xuntanzas sobre a tramitación dunhas leises de traballo, un día dos Santos Inocentes pola tardiña, Herrero de Miñon, gastoulle unha iñocentada a Ruiz Gallardón decíndolle: Oes, chama un taxi e vaite correndo á Moncloa, que acaba de chamar Felipe González, dicindo que hai unha xuntanza dos distintos partidos para tratar diversos asuntos.
……. E Gallardón, colleu un Taxi e marchou pra Moncloa sen decatarse de que era o día dos Iñocentes.
……. Cando chegou o palacio, e saiu Felipe a recibilo, este díxolle que el non había convocado reunión algunha, que a ver se lle gastaran unha inocentada.
Gallardón, decatándose de que Herrero de Miñón fixéralla ben feita, dou volta para marchar. En canto a dou, chamouno Felipe e díxolle: Non te vaias, aproveita que estás aquí, pasa, e charlamos un rato.
……. Pois seica acabaron os dous, na famosa “Bodeguilla da Moncloa” papando xamón e bebendo viño ata altas horas da noite.
……. Pois ben. Isto, sería impensable hoxe, entre Pedro Sanchez, Pablo Casado, Santiago Abascas e Pablo Iglesias… mais ben, rematarían a navallazos, ou enzarzados nunca liorta coma se dunha xaula de grilos se tratase.
……. Porque agora, o que conta é gañar as eleccións por riba de todo, sen que lles importe o país nin os cidadans. O que importa, e facer campaña electoral un día si e outro tamén. Anque sexa utilizando as mortes de didadáns, motivadas polo terrorismo, por pandemias ou por accidentes.
……. Pois xa lles val.
……. Fixen a promesa de non volver a votar nas eleccións xerais. A miña promesa, hoxe, aínda é mais forte que fai dous días.
……. Apertas para todos. E cando todo isto remate, verémonos nos furanchos, e entre cantigas e cuncas de tinto, esquecerémonos de todos istes buítres sedentos de sangue, que viven a costa do noso suor e das nosas bagoas.

sin-tc3adtulo3

2 thoughts on “FALTOS DE SAÚDE DEMOCRÁTICA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s