O DÍA QUE CAMBIEI A MOZA POLA TABERNA


O DÍA QUE CAMBIEI A MOZA POLA TABERNA
…….. O poema, fíxeno a comenzos de ano, ó volver a ver no blogue “AQUAM LATAM” do amigo Manolo Busto, a foto do Señor Souto na súa taberna. Taberna na que botei moitas noites da miña mocedade cantando cos meus amigos daquel tempo.
…….. Cando o escribín, non foi coa idea de musicalo, pero poucos días despois de facelo, tiña que cantar nos pendellos da Agolada. Así que, pensei que sería bo poñerlle música e cantalo alí.
…….. E aproveitando que o Arnego nace na Serra do Faro, e ás musas andaban a meter os pes nas súas augas, non me fixo falta pensalo dúas veces, e a cantiga, estreneina nos pendellos tal como eu quería.
…….. A taberna, atopábase onda a ponte vella de Vilariño (a casa segue alí reconvertida en “Puticlú” unha magoa non aproveitala como casa de cultura ou algo así) e na parte de riba dela, había unha tosta para a producción de enerxía eléctrica. Os mozos de Cadrón, Agolada e dos seus arredores, iamos a bañarnos nela polo vrau. Eu ia coa miña guitarriña ó lombo dende o Castelo, e despois pola noitiña, botabámoslle unhas cantiguiñas alí mentres bebiamos un “Fis Fas” daqueles que había.
…….. Gardo moi boas lembranzas dese lugar, e de feito, cada vez que paro a tomarlle unha jasiosa no Merendeiro do Arnego, que queda a uns 100 mts. de onde estaba a taberna, sempre paro despois na ponte, e vanseme os ollos pra casa que tantas lembranzas garda baixo o seu teito.
…….. O poemiña, non é que conte a verdade de cómo eran as cousas, xa que daquelas e aínda despois, non cambiaba a música polas mozas, pero bueno, é unha maneira de falar e de dicir que tamén me gustan moito as cantigas nas tabernas. Tabernas reconvertidas hoxe en día en furanchos, pero que seguen gardando o sabor do bo viño e a boa música.
…….. Pois nada. Que teñades un bo día, a ser bos, e levadeo con sosego, que nun mes, andamos perdidos polas congostras mirando como maduran as ameixas e as uvas, e as amoras e as cereixas.
…….. Apertas para todos.

One thought on “O DÍA QUE CAMBIEI A MOZA POLA TABERNA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s