CATRO REFLEXIÓNS DENDE O MEU SOFÁ.


CATRO REFLEXIÓNS DENDE O MEU SOFÁ.
1.-. Vamos a ver… Non me podo explicar, como un país dunha pequniña illa do caribe, empobrecida dende fai mais de medio século, e sometida ós mais ferreos embargos por parte de “la madre USA” e os seus fillos que son todolos demais paises do mundo inteiro, exceptuando dous ou tres, pode ter un dos mellores sistemas de saúde do mundo mundial, e permitirse o luxo de mandar médicos por toda a faz da terra salvando as vidas de quen os ten embargado, empobrecido e que solo van a illa a facer turismo sexual.
2.- A ver, gustaríame saber tamén, por qué os do PP, Cidadáns e VOX, non convocan un pleno extraordinario no congreso, para pedir unha moción de censura ó goberno por estar mercándolle material médico a China. Un país comunista con unha dictadura férrea, e que aínda por riba, apoia a outra dictadura Chavista, Bolivariana e moi Madura.
3.- Por qué o PSOE, chega sempre tarde a todolos sitios, e quena paga despois somos nós? E o que aínda é peor, que nin o recoñecen nin piden perdón, e atopan disculpas para todo?
4.- Gustaríame que todos eses curas, bispos, cardenais e papas, que saen a decir burradas sobre a política, sentencias xudiciais, e que non son capaces de recoñecer os abusos sexuais a menores doutrora, foran capaces de explicarme, o por qué nos tempos de pobreza e miseria, aparecian santos milagreiros e virxes por todalas partes dista bendita terra facendo milagres, e agora non hai ni un que asome o naris, anque solo sexa para saber como estamos? Bueno, a contestación a esto case que a teño eu… porque rematou a política do medo ó que tiñan sometidos ós feligreses.
…..
Bueno, pois nada mais. Que teñades un bo día, e non saiades da casiña. Tempo teremos para perdernos polas congostras non faltando moito.
Apertas para todos.

sin-tc3adtulo3

2 thoughts on “CATRO REFLEXIÓNS DENDE O MEU SOFÁ.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s