HOMENAXE A SUSO VAAMONDE


HOMENAXE A SUSO VAAMONDE
……O pasado día 16 de Febreiro, por mor do 20 cabodano do seu pasamento, tivémoslle unha homenaxe en Regodobargo (Ponte Caldelas) ó seu fillo predilecto Suso Vaamonde, e déuselle o seu nome á Casa da Cultura do lugar.
……Alí, pese ó día de invernía que tivemos, xuntámonos unha boa remesa de amigos, que xunto ás irmáns e irmaus de Suso, convertimos a homenaxe, nun fermoso día de recoñecemento ó cantor, entre poesía, música, amizade e lembranzas… moitas lembranzas, e moitos sentimentos compartidos!!!
……Antes, o día 14 ás 13’00 h. en Radio Nova, fixéron un programa dedicado á súa vida e andanzas musicais, no que tiven a ledicia de participar e cantar algunha das súas canatiguiñas, amais de falar e contar algúnhas das cousiñas do amigo, que se foi fai 20 anos, pero que segue na nosa memoria.
……A cantiguiña “Cantiga de amigo” é un fermoso poema que lle dedicou Mini Rivas, que grabou “A Quenlla” no seu disco “Silencios na memoria” e que eu recupero pra ocasión.

CANTIGA DE AMIGO
……As cinzas do cantor Suso Vaamonde, amigo e compañeiro, foron botadas ó río Oitavén polos seus amigos, un primaveral día de inverno.
……O río que acolléu a súa infancia, acolléu tamén os seus restos.
……Nel mora como unha xacia, e a súa música, e a súa enorme persoa, camiñan coa auga cara o mar da inmortalidade.

Baixan as augas caladas
do cantor van namoradas
e a troita no areal.
Baixan as augas mainiñas
do cantor namoradiñas
cantigas para o mar.
O inverno no triste día
quixo esquence-la invernía
e a primavera a raiar.
E os amigos na camposa
fixeron leito de rosas
e as cinzas cara o mar.
E cando a neboa se apouse
e a paz no Oitavén repouse
o silencio cantará.
A lontra fará o seu niño
e danzará en remuiños
ó son dese teu cantar.
E pousado no ameneiro
o cuco teu compañeiro
non parará de cucar.
E os muiños e as maquías
roularán coma nos días
en que a fartura era pan.

Enlace ó programa de “RADIO NOVA”:

https://www.ivoox.com/programa-especial-suso-vaamonde-14022020-audios-mp3_rf_47729615_1.html

A homenaxe no Faro de Vigo:
https://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2020/02/16/regodobargo-recuerda-suso-vaamonde/2248467.html?fbclid=IwAR2jYpgsHQ9xoib0wf1noocUju9hZCGDCoZYEvU8Xj1wio0kWZflCOsmEmU

O video da homenaxe en You Tube:

 

 

 

What do you want to do ?

New mailCopy

2 thoughts on “HOMENAXE A SUSO VAAMONDE

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s