HOXE CHORA A MUSICA TRADICIONAL EN PONTEVEDRA. ……..Choran as gaitas, e as pandeiretas e tamboriles… e choran os bombos mais ca ningún outro instrumento.. ……..Foisenos “Chicho” o bombeiro de toda a vida dos “Alegres” de Pontevedra. ……..O “alegre” que eu mais tratei, e choro a súa perda como amigo, pero mais ca nada como músico. E mentras escribo esto, estounos escoitando nunhas grabacións que teño feitas no Teatro Principal de Pontevedra, porque a música é profundamente evocadora e produce emocións moi intensas… amor, tristeza, e ata pena e dor. ……..A través das cancións intentamos drenar a dor, para conectarnos con esa dorosa sensación da que nos arrebatan os asuntos da rutina diaria. A música conectanos dun xeito moi profundo coa dor do loito e faino, ademais, dun xeito espontáneo, case sen intentalo e querelo. ……..Algunhas persoas buscan a música para chorar e deixar voar os sentimentos, porque ponas en contacto coa dor da perda, mentres que outros afastanse dela polo mesmo motivo. Isto non é bo nin malo en si mesmo. Conectar coa dor de perda a través da música pode ser tan beneficioso como facer un exercicio de introspección ou quedar con tristeza e pena sen intentar evitalo. ……..Por eso, mañá cando sexa soterrado, serao na compaña de moitos amigos gaiteiros que botarán ó vento esas notas en forma de bagoas colgadas dun pentagrama, para despedir ó amigo, ó músico… Ó GAITEIRO… A “CHICHO” O BOMBEIRO DOS ALEGRES. ……..A miña aperta mais fonda e sentida, para toda a familia e amigos dos “Alegres” e moi especiais para os seus fillos e irmaus, e mais pra Julio e Carlos, dous dos “Alegres” tamén de toda a vida. ……..Ata sempre, compañeiro músico!