BO NADAL, PARA “OS GHALOS DO CURRAL”


BO NADAL, PARA “OS GHALOS DO CURRAL”

Pra estas festas do Nadal,
non vos hai millor bocado,
que un “muslamen” ben asado,
dún dos “Ghalos do Curral”

Non fai falta ir ata ás Cruces,
pra atopar un bo exemplar,
q’andan uns aquí a cantar,
que asemellan avestruces.

Mirai se son de boa casta,
que ata os que fan o “Avecrem”
andan tras deles tamén,
pra convertilos en pasta.

Pois sabido é questes ghalos,
son calidá tan superior,
que ata os que fan sopas “Knorr”
xa tentaron trasquilalos.

Pra saborealos no seu punto,
primeiro hai que contratalos,
e darlles licor coma ós pavos,
pra que canten en conxunto.

E se se adoban con viño,
e cuns pinchos adecuados,
en canto se atopan fartados,
cantan ata o “Miudiño”

Que sexa leve, compañeiros,
con pan e viño a fartar.
Se convidades a cantar,
vou pronda vós, pro poleiro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s