LALIN Ó PE DO PRECIPICIO: O LÍMITE 20.000 HABITANTES


LALIN Ó PE DO PRECIPICIO: O LÍMITE 20.000 HABITANTES
. …..Fai algún tempo que puxera por eiquí, o que pra min sería a solución ó descenso da natalidade do noso concello. Pero como o concello volve sacar o tema nistes días para celebrar o Nadal, pois eu volvo sacar as propostas.
. …..Pro meu entender, a solución ó descenso da natalidade pasaría por istes seis puntos:
. …..PRIMEIRO.- Vender o novo concello, volver ó vello, e cos cartos da venda, recuperar todos os muíños das ringleiras dos rios. Celebraríanse muiñadas os fins de semán.
. …..SEGUNDO.- Prohibir por lei as alpacas de herba seca e volver ás palleiras tradicionais de toda a vida, aproveitando pra iso todas as casas vellas das aldeas.
. …. TERCEIRO.- Limpar as corredoiras e congostras do concello pra que @s moz@s poidan perderse por elas como fixeron por tradición os nosos pais, os nosos avós e os avós dos nosos avós. Ó mesmo tempo, esnafrar todas as “pedras-asento” que hai á porta das casas pos pais das mozas.
. …. CUARTO.- Derrubar todos os postes repetidores que dan cobertura ós teléfonos movis e cambialos por inhibidores de frecuencia.
. …. QUINTO.- Prohibir por lei, as orquestras circenses e volver as tradicionais, obligandoas tamén por lei a tocar só pezas pra “Bailar pegados”
. …. SEXTO.- Solicitar subvencións á CEE pra potenciar as leiras de millo, trigo e centeo, preto dos campos das festas das parroquias.
. …. Con istes seis puntos, á volta duns anos, subimos o concello de categoría á velocidade dun foguete de seis estralos.
. …. E asunto resolto!!!

80218024_1304019239782757_5708189438224367616_o

4 thoughts on “LALIN Ó PE DO PRECIPICIO: O LÍMITE 20.000 HABITANTES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s