DÍA DE ELECCIÓNS


DÍA DE ELECCIÓNS

Que desgraza pro país,
pois morreu o rei león,
os animais votan outro,
nunhas novas eleccións.

E despois da propaganda,
e mitins dos oradores,
van co “coco” ben comido,
multitude de electores.

Cada cál, dará o seu voto,
a quen millor lle conveña,
pra que lle mellore a vida,
e lle defenda a facenda.

As ovellas decididas,
de tal maneira e de modo,
que pra non ser trasquiladas,
daranlle o seu voto ó lobo.

Polo can votará o gato,
pola cobra as musarañas,
e ata as moscas moi ufanas,
votarán polas arañas,

As abellas polo oso,
e os ratos polo gato,
as miñocas pola toupa,
e os vermes polo sapo.

Pola águia vota a pomba,
pola gaivota as sardiñas,
polo pescador a troita,
e polo raposo as galiñas.

E alá van todos contentos,
xuntiños e en romaría,
e disfrutando do sol…
Que mañá será outro día!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s