RAMONA MANEIRO


RAMONA MANEIRO
.       Ola Ramona. Bo día. Que ledicia volver a verte, saber de ti e escoltarte de novo despois de tantos anos.
     Sempre te admirei, dende aqueles días nos que fixeches o que fixeches porque o teu gran amor e a túa enteireza, leváronte a facelo.
.      Onte vinte fermosa… moi fermosa… fermosísima! Ata me lembraches as nosas avoas… vestida de escuro, peinando canas, os cabelos recolleitos nunha trenza, con gafas… solo che faltaba o pano na cabeza. Vinte forte e rexia coma elas, pero ao mesmo tempo chea de ledicia, amor, tenrura e sabor á terra…”Ti és coma terra nosa, e a terra coma ti é” tal como reza a cantiga de Fuxan os Ventos.
.        Que magoa que o teu feito caíra en saco rachado. Canta razón cando dis que pasaron vinte anos dende aquelas, e seguimos onde estabamos, sen mover un solo marco da leira da eutanasia. Como ben dicimos pola nosa terra “acabouse o día, acabouse a romaría e solo nos lembramos de Santa Barbara cando chove”
.        Vólvese abrir o debate, entrará en campaña electoral e despois, se te mirei non me lembro. Xa verás… tempo ao tempo.
.        O que mais me gustou de ti, foron as palabras dedicadas á igrexa. A esa igrexa chea de bispos trogloditas solideum e insolidarios. Esa igrexa que abrigou a unha sanguenta dictadura, e que levou ao dictador baixo palio. Esa Igrexa que condena a homosexualidade pero que está chea de pederastas. Esa igrexa que andivo polo mundo en diante cambiando a cultura dos pobos en nome do seu Deus verdadeiro. Esa igrexa que ata non fai tantos anos, solo permitía que as mulleres entrarades nela con un pano na cabeza porque naciades pecadentas,…e que pradica a vida, pero que vos botaba fora se quedabades preñadas estando solteiras. Esa Igrexa que goza duns beneficios que xa quixeran para sí, calquera das empresas do país. Esa Igrexa que co seu beneplácido, senta nas súas primeiras bancadas aos ladróns mais grandes que tivemos nunca neste país.
.        “… Quieren que suframos como sufrió Cristo en la cruz… A TOMAR POR CULO!!! Que sufran ellos, yo no!”
.        Sabes? Levo pensado nestes días, que deberían acompañar as súas ideas con feitos tales como negarse a que lle apliquen anestesia cando vaian ao dentista, ou cando teñan que operarse de algunha cousa. Eso sería un bo ejemplo de sofrir tal como sofriu Cristo na cruz, xa mirarías como logo cambiaban de idea.
.        Non te preocupes Ramona. Seguirán así, porque gústalles o poder e temen perdelo. E seguirán así mentras certa casta de políticos lles lamba o cu un día si e outro tamén. E condearán as túas palabras, porque non queren mirar mais arriba das espiñas e son incapaces de mirar pra flor.
       Unha perta Ramona. Non sabes canto me gustaría coñecerte en persoa. E grazas por aparecer de novo para lembrarnos que todo segue igual despois de tantos anos, e que somos incapaces de avanzar cando “coa Igrexa atopamos”

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s