ANDARES (A TERRA DO MEDIO)

ANDARES (A TERRA DO MEDIO)

“Nas baiuras do tempo hai dende lonxe unha voz
que nos agarda e soña en berce de familia”…

(Xose Vazquez Pintor).

ANDARES
(A Terra do Medio)….

Os bicos son
o primeiro que se dá ou que se pide,
cando hai amor¡

………(Bicos-Xose Vazquez Pintor).

Xustificar o nacemento dunha obra creativa, neste caso dun libro, é por veces cousa complicada e difícil, mais neste caso, neste traballo colectivo, pensamos que esta tarefa pode resultar un chisco máis doada, pois trátase dun libro de agradecemento, dun libro necesario de recoñecemento do amplo labor á persoa de Xosé de Quián, ese home que tanto leva escrito e tanto leva traballado pola cultura do Noso Pais.
Non é pois un libro de homenaxes, é un agasallo a el e a nós mesmos. A el e á terra onde se criou e na fala coa lingua que medrou, día tras día para deixarnos na memoria vida, berce e soños.
” Somos, Elas e eles. A permanencia. Nós. Felices”.
(ANTOM LAIA).

ANDARES………………………..

Camiñamos facéndonos e así nese andar imos con moitas e con moitos, pero nas e nos de máis cerca sentimos a mornura da amizade e a frescura dos afectos. E naqueles de máis cerca está PINTOR, e canto gustamos de facer camiño e tarefa con el.
O Xose milita nos desexos. A fantasía físoselle divertida e non a deixou (non a soltou) por nunca máis. Canto aprendeu, cantas veces, e canto compartiu, ao triste berro do can que avisa do que chega ou marcha. Todo un pasar a ritmo da vida que o ía colocando na propia vida e gustáballe. A luz da casa, a palabra acariñada e a emotividade, mercaban os cardinais referentes das tarefas e dos lugares por onde camiñar e facer camiño.
Os amenceres dos días fixéronse radiantes e os adeuses volvéronse de a menos. E de Terra fíxose o camiño ao mar. De Quián de Agolada a Cangas ao Morraso, de terra a mar e de mar a terra, desde a referencia esencial do Faro e do Farelo, e do Atlantico mar.

Pinto é a nosa voz, a nosa memoria, o noso faro, perfectamente claro e clarisimamente perceptible, onde a sensibilidade manda, os afectos conquistan corazóns, e a palabra faise camiño por estas Terras do Medio, pola que debagamos na procura morna dun destino incerto pero autentico….Se resisto, se resisto e sobrevivo, tamén é pola túa luz, como ben nos recorda David Otero, na reflexión daqueles outros poetas músicos de Euskal Herria de hai anos ; Kortatu .

(DAVID OTERO)

E como ben din o poeta Carlos Negro;

Poño por ti a musica da banda de Muimenta
e unha cerdeira para os paxaros da amencida.
Poño a sombra dun sobreiral en Carmoega
e unha aperta gorentosa coma un melindre.

Poño un chiscar de ollos e unha carballeira,
sete noites de muiñada e un Seat seiscentos.
Poño un verso de dezasete quilómetros
dende Agolada a Lalin, alá na mocidade.
Poño unha feira do doce para moceares
e unha nación que aínda non plantaba eucaliptos.

—–o0000———-

E seguimos no camiño e andamos, e descansamos e regresamos no sendeiro, na congostra, na senda e corredoira e leva a todas partes e a ningures, da man dos que saben e nos escoitan, dos que falan e contan aquelas lendas, aqueles contos de Mouras, de trasnos e de Meigas, de meter medo, diante das lareiras mentres afora o vento zoa e o can na palleira ventea a noite escura .
E estamos dentro e fora, e somos e non somos, e pensamos e rimos e choramos, fundidos nunha aperta cósmica de carballeiras e rios de non ir mais alá do que sabemos que somos e coñecemos, porque o lonxe do solpor da casa e o descoñecido dos mundos estraños nos que temos a obriga de seguir mergullando e dar conta do que alá atopamos.

ANDARES……Nunca serás morte, Ti como es, Arenga responsorial pola memoria nosa, No acougo das sobreiras e Quián, Melide dos meus retornos, un hoteliño lindo, Pedra, As terras do Medio, conversas sobre un cuestionario, Todas nos tomando a palabra para falarmos do que foi, é e seguirá a ser esta Terra do Medio, de Ida e Volta con que nos amosou a vida Xose Vazquez Pintor .-

Andares , na voz e os textos de;

.- David Otero -Celso Fernandez Sanmartin-Carlos Negro-Xosé de Cea-Antom Laia-Jose Devesa-Inma Lopez Silva.-Daniel Asorey-Cecilia Doporto-Maria Socorro Cea-e a inestimable colaboraciòn de Xulio Garcia Rivas e as súas acuarelas, e s fotografias de Angel Utrera.

Publicado por angel luis utrera baza o martes 12 de Marzo de 2019 no seu blogue “LA TORRE DE LOS SUEÑOS ESMERALDA”

http://espoesiadesdeagolada.blogspot.com/2019/03/andares-terra-do-medio.html

 

OS XARANGALLO MANGALLO

OS XARANGALLO MANGALLO

Tócate o carallo
tocate o carallo,
qu’en Marín ninguén canta,
como os Xarangallo Mangallo.

Ala polos anos sesenta,
empezaron a cantar’e… Ai lalara lalalala…
un grupo de “vellos chalados”
pra animar o carnaval’e.

Cantaban por Marín en diante,
e ata “foron ó extranxeiro”… Ai lalara lalalala…
Íntimos de San Caralampio,
patrono dos chiquiteiros.

Tócate o carallo…

Formado por uns bos cantores,
e tamén por mariñeiros… Ai lalara lalalala…
Algún que outro conductor,
albañís e “chaboleiros”

Con unha fermosa retranca,
diron moita vida as festas… Ai lalara lalalala…
criticando ó que o merecía,
nunhas copliñas impresas.

Tócate o carallo…

Botándolle ovos á censura,
cantaban todo en galego… Ai lalara lalalala…
así foi como remataron,
algunha vez no “talego”

Mais eles seguironlle dando,
caña a diestro é siniestro… Ai lalara lalalala…
que pras cousas con retranca,,
eran uns grandes maestros.

Tócate o carallo…

Ata que chegou un bo día,
que decidiron parar’e… Ai lalara lalalala…
perdendose a mellor das murgas,
que animan o carnaval’e.

Marín botaos moito de menos,
din que debían volver’e… Ai lalara lalalala…
pois a tradición diste grupo,
e todo un luxo perder’e.

Tócate o carallo…

A letra, escribina por encargo de Benito do grupo “Saljariteiros” para cantala na homenaxe que se lle rendiu o día 1 de Marzo de 2019 en Marín, no “Museo Manuel Torres” aos “Xarangallo Mangallo” e en especial ao seu fundador Manuel Rodriguez “O Norteiro”

https://www.cope.es/emisoras/galicia/pontevedra-provincia/pontevedra/audios/mediodia-cope-pontevedra-20190305_685050  (Minuto 33)