O CAZOLIÑO DE CAROI

O CAZOLIÑO DE CAROI.

Desconfiaba o cazoliño,
que calquera camiñante,
dos que lle pasan por diante,
levario no bolsiño.

E mercou unha cadea,
pra encadearse á parede.
Mentras esteña el aí,
ninguén morrerá de sede.

Pois leva dado el mais auga,
ca que move un vello muíno,
tanta como leva o Lérez,
e ata o mismo rio Miño.

Deixa xá tal desacougo,
meu querido cazoliño,
que o que te leve roubado,
vaite enchere de viño.