E TI QUE O TES


E TI QUE O TES

E ti que o tes,
sei eu que cho vin,
por un buratiño que tes no mandil.
Que tes no mandil,
que tes no mandil,
e ti que o tes,
sei eu que cho vin.

Heiche de contar un conto
na cabezalla do carro,
e se a cabezalla rompe
agárraste ao meu carallo.

E ti que o tes…

E ti tes o mexar torto,
conocincho no andare,
durme unha noite comigo
que cho hei endereitare.

E ti que o tes…

Se vas ao San Benitiño,
non vaias ao de Paredes,
que hai outro mais milagreiro,
entr’as pernas das mulleres.

E ti que o tes…

Din que a Antona non ten fondo,
mais a Antona fondo ten-he.
Se o trangallo vai pequeno
a Antona que culpa ten.

E ti que o tes…

A Maruxiña do fondo,
ten a paxara pelada,
por andar subindo ós pinos,
e baixar escarranchada.

E sei que a ten,
n’o pode negar,
que lla vin no río, cando iba lavar.
Cando iba lavar,
cando iba lavar,
e sei que a ten,
n’o pode negar.

…..

A cantiguiña aprendina o día de San Brais en Salcedo cantando cuns amigos. O informante dela non quere que figure o seu nome tal e como me gusta poñer nestas cantigas tradicionais, así que deixámola anónima e tradicional. Ten un par de estrofas que xa cantaba a “Señora Felicia Insuela” (Q.P.E) coa música do Caneco.

Captura

2 thoughts on “E TI QUE O TES

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s