POR SANTA LUCÍA MINGUA A NOITE E MEDRA O DÍA.


POR SANTA LUCÍA MINGUA A NOITE E MEDRA O DÍA.
……Hoxe día 13 de Decembro, celebramos a Santa Lucía, e anque aínda faltan oito días para o solsticio do inverno para que empecen a medrar os dias e a encoller as noites, seguen vixentes algúns dos refráns da Santa decíndo que a partires de hoxe, medran os días.
……Según me contaba un amigo esta mañá, mentras debullabamos os graus de café en auga, parece ser que os refráns foron certos por culpa dos desfases do calendario xuliano. Seica o día de Santa Lucía, coincidiu co día do solsticio de inverno entre os anos 1325 e 1350, e no século XVI o día do solsticio chegou a ser incluso o 11 de decembro.
……Os días que van dende o 11 ata o 21 de decembro suprimironse en 1582 coa reforma gregoriana. Entón, e dende aquelas o día da Santa Lucía pasou a ser oito dias antes do solsticio.
……O que non sei, é se o nome de Lucía, que ven de luz (Lux) ten que ver con este feito tamén. E o que si sei é que por increíble que pareza, moitos séculos despois seguen vixentes estes refráns.
…………………
– Por Santa Lucía, a mais longa noite e o mais curto día.
– Por Santa Lucía, mingua a noite e medra o día.
– Pola Santa Lucía, medra un palmo o día.
– Santa Lucía, saca da noite e mete no día.
– Por Santa Lucía, inverno de noite e de día.
– Cando chove por Santa Lucía, chove un mes e mais quince días, e se chove por Santa Viviana, chove cuarenta días e unha semana.
– O que non é pro día de Santa Lucía, é pro outro día.
– Por Santa Lucía o allo quer ver o día.
– Santa Lucía, anda co porco á porfía.
– Se para Santa Lucía non hai neve na pía, haina para o outro día.

Captura

 

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s