UN CONTO DO ANO 2500


UN CONTO DO ANO 2500
……O avó, deitou ao seu neto nunha cousa moi rara e que en tempos ancestrais chamabase cama, e comenzou a contarlle un conto tratando de adormiñalo:
……Contan as lendas que fai uns cinco séculos, vivía sobre a terra unha raza de homes xa extinguidos que se chamaban “políticos”. Unha raza á que ninguén quería ver diante pero que había que aturar como si fosen as enfermedades da peste ou da rabia.
……Traballar non traballaban moito, mais ben nada, e andaban sempre de leria.
……Certo día decidiron ir de excursión. Alquilaron un transporte moi popular que había naqueles tempos que se chamaba “Autobús” e entraron nel a empurróns para ver cal chegaba antes e así coller o mellor asento ó carón da ventaniña.
……Alá se foron todos de festa, gastando os cartos que non eran deles e que tanto lle costaba ganar ós cidadáns, o mismo tempo que cantaban unha cantiguiña moi popular daquelas e que dicía así “O viño que ten Asunción…”.
……Na mitade do camiño, o autobús sufriu un accidente e marchou a rolos polo monte abaixo ata que parou preto de unha igrexia e unhas casas. Os veciños daquelas casas o mirar que algúns estaban mortos, fóronos enterrando ó carón da Igrexa, que era onde se enterraba a xente naqueles tempos.
……Cando chegaron os servizos de axuda, non atoparon a ningún ferido no autobús, e só estaban os veciños da aldea mais o chofer.
……O que era o xefe dos servizos perguntou ás xentes do lugar:
……– ¿E ló…a onde levastedes ós feridos?
……– Non lle hai ningún ferido, señor.
……– Pero… como! ¿non se mancou ninguén?
……– Pois non senor, non…
……– Pero…¿morreron todos os que viñan no Autobús, logo?
……– Si señor, si. Bueno, algún decía que non estaba morto e que só estaba ferido, pero xa sabe vostede o mentireiros que son os políticos. Así que, enterrámolos tamén!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s